Chevalier de Saint-George
Joseph Bologne de Saint-George, máis coñecido como Chevalier de Saint-George ou simplemente Saint-George, nado o 25 de decembro de 1745 en Baillif (Guadalupe, Francia)[1] e finado en París o 10 de xuño de 1799, foi un esgrimista, músico (violinista), compositor e director de orquestra francés.
Traxectoria
editarNado en Guadalupe, foi o fillo de George Bologne de Saint-Georges, un rico facendeiro, e Nanon, a súa escrava africana.[2] Durante a Revolución Francesa, Saint-Georges foi coronel da Légion St.-Georges,[3] o primeiro rexemento de soldados de "raza negra" en Europa, combatendo polo bando republicano. Chevalier de Saint-Georges é coñecido por ser o primeiro compositor clásico de ascendencia afroamericana.
Na cultura popular
editarChevalier é unha película dramática biográfica estadounidense de 2022 dirixida por Stephen Williams e escrita por Stefani Robinson. Está baseada na vida do músico franco-caribeño titular Joseph Bologne, Chevalier de Saint-Georges, interpretado por Kelvin Harrison Jr.. Tivo a súa estrea mundial no 47º Festival Internacional de Cine de Toronto o 11 de setembro de 2022 e foi estreada nos Estados Unidos e na plataforma Disney+ en 2023.
Notas
editar- ↑ La Boëssière, Tessier, fils (1818). Traité, Notice historique sur le chevalier de St.-Georges (en francés). París: Didot. p. xvi. Data de nacemento segundo o afirmado por un amigo de toda a vida.
- ↑ Documento: Permiso de Mme. George Bologne para levar a Nanon negresse e Joseph, seu fillo de 2 anos, a Francia; Archives départementales de la Gironde; 6B/50.
- ↑ Documento: Formación da Légion St. Georges; S.H.A.T. (Arquivos do Exército Francés, Vincennes), Dossier Bologne 2Ye91/47.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |