Abrir o menú principal

Chevalier de Saint-George

músico francés

Joseph Bologne de Saint-George, máis coñecido como Chevalier de Saint-George ou simplemente Saint-George, nado o 25 de decembro de 1745 en Baillif (Guadalupe, Francia)[1] e finado en París o 10 de xuño de 1799, foi un esgrimista, músico (violinista), compositor e director de orquestra francés. Nado en Guadalupe, foi o fillo de George Bologne de Saint-Georges, un rico facendeiro, e Nanon, a súa escrava africana.[2] Durante a Revolución Francesa, Saint-Georges foi coronel da Légion St.-Georges,[3] o primeiro rexemento de soldados de raza negra en Europa, combatendo polo bando republicano. Chevalier de Saint-Georges é coñecido por ser o primeiro compositor clásico de ascendencia africana.

Joseph Bologne de Saint-George
Chevalier de Saint-Georges.JPG
Saint-Georges por Mather Brown, 1787.
Nacemento25 de decembro de 1745
 Baillif Guadalupe
Royal Standard of the King of France.svg Reino de Francia
Falecemento10 de xuño de 1799 (53 anos)
 París
Francia República Francesa
NacionalidadeFrancia
Instrumento(s)Violín
Vue Bon de St George, Signature.png
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. La Boëssière, Tessier, fils (1818). Traité, Notice historique sur le chevalier de St.-Georges (en francés). París: Didot. p. xvi.  Data de nacemento segundo o afirmado por un amigo de toda a vida.
  2. Documento: Permiso de Mme. George Bologne para levar a Nanon negresse e Joseph, seu fillo de 2 anos, a Francia; Archives départementales de la Gironde; 6B/50.
  3. Documento: Formación da Légion St. Georges; S.H.A.T. (Arquivos do Exército Francés, Vincennes), Dossier Bologne 2Ye91/47.

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.