Saxicola

xénero de aves
(Redirección desde «Chasco»)

Non confundir con saxícola.

Saxicola (do latín: saxum, 'rocha' + icola, 'habitante de'[1]) é un xénero de aves paseriformes que comprende os chascos ou chascas, que consta de 15 especies que viven no Vello Mundo. En Galicia é sedentario e abundante o chasco común (Saxicola rubicola, antes clasificado como S. torquata), e é un visitante menos común o chasco rabipinto (Saxicola rubetra). Son pequenos paxaros insectívoros que aparecen en áreas de matogueira aberta e praderías con arbustos espallados. Antes estaban clasificados na familia dos túrdidos, pero actualmente considéranse muscicápidos.

Saxicola

Macho de chasco común (Saxicola rubicola)
Chamadas do chasco común gravadas en Surrey, Inglaterra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Muscicapidae
Xénero: Saxicola
Bechstein, 1802
Especies

Ver texto

Femia de chasco en Punjab, India

Especies editar

As seguintes 15 especies son actualmente aceptadas en Saxicola:[2]

Especies antes incluídas no xénero Saxicola, pero hoxe tratadas nun xénero separado son:

Taxonomía editar

O xénero foi creado polo naturalista alemán Johann Matthäus Bechstein en 1802.[5] Como especie tipo foi despois designado o chasco común.[6] O nome Saxicola procede do latín saxum, 'rocha' e incola, 'que vive en'.[7] O nome común chasco é onomatopeico, polo son que fan.[8]

O xénero foi anteriormente incluído na familia Turdidae, pero foi despois reclasificado e colocado dentro da familia Muscicapidae, na cal os xéneros máis emparentados con el son Oenanthe (pedreiros) e Campicoloides.[3][9]

As evidencias xenéticas e de comportamento fixeron que nos últimos anos se aceptasen novas especies no xénero, e o cambio máis notable foi a subdivisión da ampla "especie" (unha superespecie ou complexo de especies) chamada Saxicola torquatus ("chasco común"), en cinco especies separadas; un cambio hoxe amplamente aceptado, aínda que non unanimemente. Isto afectou ás poboacións europeas do antigo S. torquatus que agora se chaman S. rubicola (o chasco común actual), mentres que hoxe se reserva a denominación S. torquatus só ás poboacións africanas. Os datos das secuencias do ADNmt do xene do citocromo b e datos do perfil do ADNn, confirmaron que o chasco de Fuerteventura (hoxe S. dacortiae) e o da illa de Réunion (hoxe S. tectes) eran especies distintas, pero que ademais as poboacións do continente africano (hoxe S. torquatus) , as de Madagascar (hoxe S. sibilla), e as europeas (hoxe S. rubetra) eran cada unha unha especie distinta, así como as asiáticas siberianas (hoxe S. maurus) e os chascos de Stejneger (hoxe S. stejnegeri).[10][11][12][13] Debido á confusión da asignación das subespecies, o nome S. torquatus foi brevemente usado para a especie europea (hoxe S. rubicola), e o chasco africano foi incorrectamente denominado S. axillaris (hoxe S. torquatus).[11]

Debido a un uso incorrecto da gramática latina, varias destas especies no pasado recibiron nomes con terminación feminina ("S. torquata, S. maura, S. leucura, S. ferrea" etc.), hoxe usadas en masculino.[14]

Rexistro fósil editar

  • Saxicola lambrechti (Mioceno tardío de Polgardi, Hungría) [15]
  • Saxicola baranensis (Plioceno de Beremend, Hungría)[15]
  • Saxicola parva (Plioceno de Csarnota, Hungría)[15]
  • Saxicola magna (Plioceno de Beremend, Hungría)[15]

Notas editar

  1. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. p. 349. ISBN 978-1-4081-2501-4. .
  2. Gill, Frank; Donsker, David (eds.). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 May 2016. 
  3. 3,0 3,1 Hoyo, J. del, et al., eds. (2005). Handbook of the Birds of the World, vol. 10. Barcelona: Lynx Edicions. p. 786. ISBN 84-87334-72-5. 
  4. "Malurus splendens (Splendid Fairywren) - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2017-11-26. 
  5. Bechstein, Johann Matthäus (1802). Ornithologisches Taschenbuch von und für Deutschland, oder, Kurze Beschreibung aller Vögel Deutschlands für Liebhaber dieses Theils der Naturgeschichte (en German). Leipzig: Carl Friedrich Enoch Richter. p. 216. 
  6. Dickinson, E.C.; Christidis, L., eds. (2014). The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines (4th ed.). Eastbourne, UK: Aves Press. p. 608. ISBN 978-0-9568611-2-2. 
  7. Jobling, J.A. (2018). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E., eds. "Key to Scientific Names in Ornithology". Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 10 May 2018. 
  8. Definición de chasco no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  9. Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  10. Urquhart, E., & Bowley, A. (2002). Stonechats. A Guide to the Genus Saxicola. Christopher Helm, London. ISBN 0-7136-6024-4.
  11. 11,0 11,1 Wink, M.; Sauer-Gürth, H.; Gwinner, E. (2002). "Evolutionary relationships of stonechats and related species inferred from mitochondrial-DNA sequences and genomic fingerprinting" (PDF). British Birds 95: 349–355. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2022. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  12. Woog, F.; Wink, M.; Rastegar-Pouyani, E.; Gonzalez, J.; Helm, B. (2008). "Distinct taxonomic position of the Madagascar stonechat (Saxicola torquatus sibilla) revealed by nucleotide sequences of mitochondrial DNA". Journal of Ornithology 149: 423–430. doi:10.1007/s10336-008-0290-1. 
  13. Zink, R.M.; Pavlova, A.; Drovetski, S. V.; Wink, M.; Rohwer, S. (2009). "Taxonomic status and evolutionary history of the Saxicola torquata complex". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 769–773. PMID 19464380. doi:10.1016/j.ympev.2009.05.016. 
  14. David, N.; Gosselin, M. (2002). "The grammatical gender of avian genera". Bulletin of the British Ornithologists' Club 122: 257–282. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Kessler, E. (2013). "Neogene songbirds (Aves, Passeriformes) from Hungary" (PDF). Hantkeniana 8: 37–149. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar