Charo Valcárcel
Charo Valcárcel Mato, nada en Vinseiro (A Estrada) o 24 de maio de 1960, é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1960 (64 anos) Vinseiro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora de ensino secundario |
Familia | |
Fillos | Brais, Iria Morgade, Adrián Morgade |
Traxectoria
editarNeta de Bernardo Mato Castro.[1] Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC. Foi profesora de lingua e literatura galega no IES Valle Inclán de Pontevedra. Logo da súa xubilación publicou o seu primeiro libro de poesía Cando os bosques sintan frío en decembro de 2021 [2] e en 2022 o libro de relatos protagonizados por mulleres Funámbulas (Relatos: "Derrota, Cazador, Espello, Néboa, Certezas, Nó, Desatino, Angele dei, Inocente, Desafío, Outono, A pomada de Graña").
Participou en publicacións colectivas coma a revista Furman (2020), Xistral (2021) e nas colectáneas de poesía luso-española Cultura sen fronteiras e Abraço de culturas.[3]
É unha das creadoras do proxecto web De vella a bella.[4] No IES Valle Inclán dirixiu o grupo de teatro Argallada.[5]
Obra
editarPoesía
editar- Cando os bosques sintan frío (2021). A Coruña: Medulia. 70 páxs. ISBN 978-84-124509-9-6. Prólogo de Antón Riveiro Coello.[6]
Narrativa
editar- Funámbulas (2022). Ferrol: Embora. 100 páxs. ISBN 978-84-17824-79-2.[7]
Premios
editar- XIII Certame literario Terras de Chamoso polo relato Espello.
Vida persoal
editarNotas
editar- ↑ A historia de Bernardo Mato
- ↑ Presentación de los primeros libros de Charo Valcárcel y Manuel Brey
- ↑ Valcárcel, Charo (2022). Funámbulas. Medulia. ISBN 9788417824792.
- ↑ "Inicio". De Vella a Bella. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Charo, autor en De Vella a Bella". De Vella a Bella. Consultado o 2022-08-29.
- ↑ ""Cando os bosques sintan frío" de Charo Valcárcel será presentado na Libraría Pedreira de Compostela". www.nosdiario.gal. Consultado o 11 de agosto de 2022.[Ligazón morta]
- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Título Funámbulas". www.edicionsembora.es. Consultado o 2023-01-03.