Abrir o menú principal

Bernardo Mato Castro

mestre galego

Bernardo Mato Castro, nado en Godoi, na parroquia de Vinseiro (A Estrada), o 3 de maio de 1887 e finado na mesma aldea o 4 de setembro de 1936, foi un mestre galego.

Bernardo Mato Castro
Nacemento3 de maio de 1887
 Vinseiro, A Estrada
Falecemento4 de setembro de 1936
 Vinseiro, A Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Ingresou no Seminario pero non chegou a ordenarse sacerdote. Fixo maxisterio e marchou a Cuba. Na illa traballou de mestre e levador de libros do Centro Galego da Habana. Dirixiu o Instituto Cervantes e despois obtivo praza provisional en Pereira (A Somoza, Guilfrei) e finalmente a praza definitiva en Santa María de Teo en 1928. Foi presidente do Consello Local de Primera Enseñanza de Teo.

Utilizaba avanzados métodos pedagóxicos, creou escola nocturna para adultos, introduciu aparellos que facilitan o uso de materiais escolares como foi un sistema para subir e baixar os mapas, e implantou a aprendizaxe de oficios que deran independencia económica aos nenos ao mesmo tempo que adquirían coñecementos de lingua, literatura, historia etc. Colaborou con moitos periódicos da época.

No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os milicianos pasaron pola súa escola, o seu xefe baixou a saudar e falar con Bernardo. Subiron ao seu despacho e alí estiveron dúas horas conversando. Bernardo decidiu refuxiarse na casa dos seus pais en Godoi. Cando ía a través do río, cara Cora cunha barca, foi interceptado polos falanxistas. Golpeado até que quedou inconsciente, un acompañante levouno a unha casa onde foron atendidos e coidados durante uns días até que finalmente o levaron moribundo á casa dos seus pais. Atendido polo médico Manuel Carbón, nada puido facer. Co cranio fracturado, quedou en coma, e logo dun mes, finou o 4 de setembro de 1936 ás 11 da mañá.

Depurado, foi cesado oficialmente como mestre o 23 de abril de 1941.

Vida persoalEditar

Casou con Avelina Sanmartín Fernández na Estrada o 10 de xaneiro de 1927 e tivo catro fillos: José Bernardo, David, Otilia e Petronila.

Véxase taménEditar