Iria Morgade

escritora galega

Iria Morgade Valcárcel, nada en Pontevedra o 4 de xaneiro de 1988, é unha escritora galega.

Iria Morgade
Nacemento4 de xaneiro de 1988
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña
Ocupaciónescritora
NaiCharo Valcárcel Mato
IrmánsAdrián Morgade
Na rede
Twitter: IriaMVal LinkedIn: iria-morgade-valcárcel-bab7544a Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración (UCM, 2011), Mestrado en Migracións Internacionais: Investigación, políticas migratorias e mediación intercultural (UDC, 2013) e Mestrado en Formación do Profesorado (USC, 2014). As súas liñas de investigación son a memoria e o discurso social, a  represión franquista e a mobilización social e política. A súa tese de doutoramento estuda[1] a mobilización social arredor da memoria no estado español dende a Transición ata a actualidade.

Ten colaborado na Revista Galega de Educación, no XIV Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea, Alacante[2] e en Sites of Violence and Memory in Modern Spain. From the Spanish Civil War to the Present Day, Londres, Bloomsbury Publishing.

En 2011 gañou a sétima edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia novelando as protestas dos novos.[3]

ObraEditar

Libros colectivosEditar

  • Sete de libros (2012). A Coruña: Biblos Clube de Lectores

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar