A charamela[1] ou xaramela é un instrumento musical de vento (vento-madeira). Probabelmente orixinario de Eurasia, está construído en madeira e ten unha palleta.[2] Nos instrumentos, en xeral, define aerófonos de insuflación de boca directa con palletas dobres ou simples, similares ao punteiro da gaita, e algúns deles derivaron no clarinete.

Charamela
Charamela, xaramela
Dúas charamelas renacentistas de madeira
Información
Clasificaciónvento-madeira
Instrumentos relacionadospunteiro, clarinete

Termo editar

Etimoloxía editar

 
Pastora cun tocador de charamela (shalmeispeler), de Jan Baptist Wolfaerts (Rijksmuseum).
 
Charamelas (no <i>Syntagma musicum</i> de Michael Praetorius)

Na Península Ibérica hai instrumentos tradicionais con nomes similares á charamela e xaramela de Galiza e Portugal, como a dulzaina castelá, aragonesa e leonesa (ás veces chamada chirimía, un termo que deriva da mesma palabra do francés antigo que chalémie); os chalemies valenciano e catalán (xirimia, dolçaina ou gralla) ou a gaita navarra. En italiano o nome é ciaramella, cialamello ou cennamella[3].O nome parece terse estendido a outras linguas desde o francés. En francés antigo, o nome chalemie e as súas variantes chalemel e chalemeaux (plural) derivan do latín calamus, ou do seu diminutivo en latín vulgar, calamellus e do grego κάλαμος (kalamos). O nome doutro instrumento de palleta cun burato cilíndrico, o chalumeau, tamén comparte esta etimoloxía.

En inglés chámase shawm, coas variantes antigas schallemele, shamulle, shamble, s(c)halmys, shalemeyes e 'chalemyes, todas formas de plural do inglés medio, e sc(h)almuse, schalmesse, derivadas dunha variante do francés antigo correspondente: chalemel, chalemie e chalemeaux. As primeiras formas de plural eran moitas veces confundidas cun singular, e a partir delas formáronse novos plurais. A redución posterior, nos séculos XV e XVI, a unha soa sílaba en formas como schalme, shaume, shawme, e finalmente shawm, débese probablemente a esta confusión de formas.plural e singular.

En alemán, chámase Schalmei (ou para os membros máis grandes da familia Bombard -tamén en inglés no século XIV- e posteriormente pasou a Bombhardt.

Porén, tamén é posible que o nome derive de salamiya (سلامية), un óboe tradicional de Exipto; a charamela europea pode terse desenvolto a partir de instrumentos similares traídos desde o Próximo Oriente na época das cruzadas. Este nome está relacionado lingüísticamente con moitos outros nomes orientais para o instrumento: o árabe zamr, o turco zūrnā, o persa surnāy, o chinés suona, o xavanés saruni e o hindi sahanai ou sanayi.

Outros usos editar

En galego e portugués, o termo charamela define as partículas con lume ou cinsa que salta dun corpo en chamas (tamén muxica ou charamusca)[4] ou outras cousas que caen ao chan (arume dos piñeiros, folerpas de neve ou chuvia miúda).[5] Hai un grupo de teatro chamado e unha asociación cultural chamados Charamela no concello de Melide[6] e unha escola de música Charamela no concello de Pontedeume.[7] No século XVIII atopouse en Lisboa un libro anónimo de sonatas para Charamela Real.[8]

Notas editar

  1. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-08-13. 
  2. "Charamela" (en inglés). Consultado o 2020-10-07. 
  3. Dizionario enciclopedico universale della musica e dei musicisti. Le Biografie. Torino : UTET. 1985. ISBN 978-88-02-03930-5. 
  4. "Dicionario; charamela". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-13. 
  5. "Significado de charamela no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2022-08-13. 
  6. "Asociación Cultural Charamela de Melide". Consultado o 2022-08-13. 
  7. "Cuarteto de saxofóns da Escola de Música de Charamela, Pontedeume interpretan The Entertainer - Miño, Lugo". Consultado o 2022-08-13. 
  8. "Charamela Real Sonata no 1". Consultado o 2022-08-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


  • Xaramela - Charamela Vídeo en YouTube do músico, luthier e investigador musical Célio Pires explicando as súas pesquisas sobre a charamela e tocando con ela músicas como A Carolina.

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.