Chaira europea setentrional

A chaira europea setentrional (en alemán: Norddeutsches Tiefland; en polaco: Niż Środkowoeuropejski) é unha rexión xeomorfolóxica de Europa. Consiste principalmente en chairas entre as terras altas centroeuropeas ao sur e o mar do Norte e o Báltico no norte. Estes dous mares están separados pola península de Xutlandia. A chaira europea setentrional está conectada coa chaira europea oriental e xuntas forman a gran chaira europea.

Situación da chaira europea setentrional, en verde

XeografíaEditar

A elevación está entre os 0 e os 200 m. Mentres que a maior parte é terra agrícola, a rexión contén tamén pantanos, uceiras e lagos. Na costa do mar do Norte, atópase o mar de Wadden, unha gran zona de marea. Na costa do mar Báltico, sitúase a lagoa de Pomerania, a lagoa do Vístula e a lagoa de Curlandia, unha serie de grandes lagoas de auga doce.

LocalizaciónEditar

A chaira europea setentrional localízase en Bélxica, os Países Baixos, Alemaña, Dinamarca e Polonia, ademais de tocar a República Checa. Partes da Inglaterra oriental poden tamén considerarse parte da chaira, xa que comparten o seu carácter de terra baixa e estivo conectada por terra durante a última idade de xeo.

RíosEditar

As principais concas hídricas son, de oeste a leste: Rin, Ems, Weser, Elba, Oder e Vístula.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Baltic Lagoons
  • Lowlands-L, an international discussion community dealing with the North European Plain, its cultures, language varieties, history, etc.; also dealing with Lowlands-based heritage in Britain, North America, Australia etc.
  • Mapa (en ruso)