Lixa lusitánica

(Redirección desde «Centrophorus lusitanicus»)

A lixa lusitánica,[1] Centrophorus lusitanicus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que habita en augas profundas do Atlántico oriental, desde as costas do norte de Portugal (probabelmente tamén en Galicia) até África occidental e Cabo Verde; no Índico, nas costas de Mozambique e Madagascar, e no Pacífico occidental, ao redor de Taiwán.

Lixa lustánica
(Centrophorus lusitanicus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Centrophoridae
Xénero: Centrophorus
Especie: C. lusitanicus
Nome binomial
Centrophorus lusitanicus
(Bocage & Capelo, 1864)
Distribución da lixa lusitánica
Distribución da lixa lusitánica

Distribución da lixa lusitánica

Características editar

Moito maior que outras especies de lixas, xa que alcanza un tamaño máximo de 1,6 m. Ten o fociño longo, ancho e angular. Ten dúas aletas dorsais con espiñaas na primeira delas, que é moito máis longa que a parte traseira.

Hábitat e bioloxía editar

Vive a profundidades entre os 300 e os 1.400 m, alimentándose doutros tiburóns, peixes óseos, cangrexos e lagostas. É ovovivíparo e as femias paren un máximo de 6 crías por camada.

En Galicia editar

A especie non aparece citada na bibliografía icxtiolóxica galega pero, dada á súa área de distribución, non sería raro que tamén frecuentase as nosas augas.

Notas editar

  1. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 189.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189.
  • Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar