Coroza

peza de vestir feita de xuncos empregada para se resgardar da choiva
(Redirección desde «Capelo»)

Unha coroza,[1] caroza[2] é unha peza de vestir galega feita de xuncos empregada en épocas de choiva para resgardarse dela.[3] Completábase cunhas polainas do mesmo material.

Francisco Fernández del Riego vestido cunha caroza.

Está confeccionada en tres partes, unha exterior que cobre os ombreiros e chega até a cintura, e dúas interiores que comezan dende os ombreiros e que chegan até os pés. Na parte inferior das pernas póñense as polainas e para os pés unhas botas de coiro con sola de madeira.[4] Pode levar un capelo,[5] unha carapucha feita en capas do mesmo material para cubrir a cabeza.

Esta peza de vestir foi caendo en desuso, e o 6 de marzo de 2018, morreu en Castro, Carballedo, Alejandro Regal Regal, o último fabricante de corozas da comarca de Chantada e, poida que o último de Galicia. Alejandro tiña 88 anos e era un dos últimos artesáns que sabían como elaborar este traxe.[6]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coroza.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caroza.
  3. B, J (13 de decembro de 2009). "El Lalín de 1926 con ojos de mujer". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de maio de 2015. 
  4. Museo del Traje (ed.). "Coroza". Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capelo.
  6. Fernández, Roi (6 de marzo de 2018). "Muere en Carballedo el último fabricante de carozos de la comarca de Chantada". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar