Centro histórico de Florencia
O centro histórico de Florencia forma parte do quartiere 1 (barrio) da cidade italiana de Florencia. O barrio foi nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1982.
Tipo | casco vello quarter of Florence (en) espazo urbano | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Florencia, Italia | |||
Localización | Centro storico Firenze | |||
Localización | Quartiere 1 - Centro Histórico de Florença (pt) | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 505 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii), (iv) e (vi) | |||
Identificador | 174 | |||
Construído sobre o sitio dun asentamento etrusco, Florencia, o símbolo do Renacemento, acadou á preeminencia económica e cultural baixo os Medici nos séculos XV e XVI. Os seus 600 anos de extraordinaria actividade artística poden verse sobre todo na catedral (Santa Maria del Fiore) do século XIII, a igrexa de Santa Croce, os Uffizi e o Palacio Pitti, a obra de grandes mestres como Giotto, Filippo Brunelleschi, Sandro Botticelli e Michelangelo.[1]
Aspecto
editarPechado dentro das avenidas trazadas nas antigas murallas medievais, o "centro histórico de Florencia" recolle os sitios máis importantes do patrimonio cultural da cidade. Delimitado polo trazado das murallas do século XIV, construídas grazas ao poder económico e comercial alcanzado na época, coñeceu o seu máximo esplendor nos dous séculos seguintes.
O centro espiritual da cidade é a Piazza do Duomo, a Piazza del Duomo, coa Catedral de Santa María del Fiore, franqueada polo Campanile de Giotto e fronte ao Baptisterio de San Xoán coas "Portas do Paraíso" de Lorenzo Ghiberti. Desde aquí ata o norte atópase o Palazzo Medici Riccardi de Michelozzo, a Basílica de San Lourenzo de Filippo Brunelleschi, coas preciosas sancristías de Donatello e Michelangelo. Ademais, o Museo de San Marco con obras mestras de Fra Angelico, a Galería da Académia que alberga entre outras obras o David de Michelangelo (1501-1504) e a Piazza della Santissima Annunziata coa Loggia dos Innocenti de Filippo Brunelleschi.
Cara ao sur dende o Duomo atópase o centro político e cultural de Florencia co Palazzo Vecchio e a Galería dos Uffizi preto, preto do que se atopan o Museo Bargello e a Basílica da Santa Cruz. Cruzando a Ponte Vecchio chegamos ao distrito de Oltrarno co Palacio Pitti e os Xardíns de Boboli. Aínda en Oltrarno, atópase a Basílica do Espírito Santo de Filippo Brunelleschi e da Igrexa de Santa María del Cármen, con frescos de Masolino, Masaccio e Filippino Lippi.
Na zona ao oeste do Duomo está situado o impoñente palacio Palazzo Strozzi (fogar de grandes exposicións e institucións culturais) e a Basílica de Santa Maria Novella, coa fachada deseñada por Leon Battista Alberti.
O casco histórico pode ser apreciado na súa totalidade nos outeiros circundantes, especialmente desde Forte Belvedere, desde a Piazzale Michelangelo coa basílica románica de San Miniato al Monte e os outeiros de Fiesole, que ofrecen unha das vistas máis fermosas do val do Arno.
A parte norte do casco antigo está rodeada polas avenidas do Viali di Circonvallazione, unha serie de grandes avenidas de seis carrís inspiradas no bulevar parisiense creado cando Florencia era a capital de Italia.
O centro de Florencia, cos seus centos de actividades comerciais, é un paraíso de compras e entretemento: boutiques elegantes, cafés históricos, animados mercados de rúa, ademais de albergar numerosos pubss, discotecas, bares americanos e lugares de encontro para beber. O famoso cóctel Negroni naceu aquí.
Patrimonio da Humanidade
editarEn 1982 ICOMOS propuxo o centro histórico de Florencia como candidato ao Patrimonio da Humanidade.[2]
Notas
editar- ↑ "Historic Centre of Florence". UNESCO. Consultado o 18 de setembro de 2014.
- ↑ "Advisory Body Evaluation" (PDF). UNESCO. Consultado o 18 de setembro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro histórico de Florencia |