O Palazzo Vecchio (traducido ao galego coma Pazo Vello) atópase na Praza da Señoría, en Florencia, Italia. No seu interior, o pazo acolle un museo (Museo dei Ragazzi) no que se expoñen obras de Bronzino, Michelangelo e Giorgio Vasari, entre outros; e tamén as oficinas do Concello da cidade (Comune di Firenze).

Palazzo Vecchio
Palazzo Vecchio
Tipopalazzo, colección de arte, atracción turística, museo, museo de arte e sede do goberno local Editar o valor en Wikidata
Estiloarte románica e arquitectura gótica Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Arquitecto/aArnolfo di Cambio Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1299 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1299 – 1314construción Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°46′10″N 11°15′22″L / 43.7694, 11.2561
PaísItalia
RexiónToscana
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Florencia
ConcelloFlorencia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDistrito 1 de Florencia - Centro Histórico Editar o valor en Wikidata
EnderezoPiazza della Signoria 1 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben cultural de Italia
Membro de
Composto por
Contacto
Páxina WEBmusefirenze.it… Editar o valor en Wikidata
Teléfono+39 055 276 8325 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Chamado en orixe Palazzo dei Priori ou Palagio Novo, cambiouse o nome polo de "Pazo da Señoría", o organismo principal da República florentina, no século XV. Despois coñeceuse coma "Pazo Ducal", ao establecer alí a súa residencia Cosme I de Medici en 1540. Despois, en 1565, empezaría a chamarse Palazzo Vecchio ao terse mudado Cosme ao Pazo Pitti.

A primeira construción atribúese a Arnolfo di Cambio, que a iniciou en 1299 incorporando a antiga torre de Foraboschi na fachada. Trala morte de Arnolfo, en 1302, o pazo foi rematado por outros artistas, en 1314. A forma exterior do edificio é a dun paralelepípedo, e na fachada principal atópase a Torre de Arnolfo, un dos emblemas da cidade. En 1400 a torre e o xardín interior tiveron que ser reconstruídos, xa que corrían perigo de derrubarse.

Entre as súas estadías máis importantes, sobresae o Salón dos Cincocentos, cuxa decoración mural se encomendou a Leonardo da Vinci (A batalla de Anghiari) e a Michelangelo (A batalla de Cascina). Lamentabelmente, ningunha delas rematou, e as paredes foron cubertas por outros frescos na decoración posterior de Giorgio Vasari.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar