Ceca de Santiago de Compostela

A ceca de Santiago de Compostela bateu moeda entre os reinados de Afonso VI e Henrique II nun período que abrangue desde 1078 ou 1079 ó 1379.

Rúa da Moeda Vella, onde estaba a ceca de Santiago nos primeiros anos, antes de ser trasladada a outro lugar hoxe descoñecido[1]

Foi o bispo de Santiago de Compostela, Diego Páez quen en 1078 lle solicitou ó rei o privilexio de cuñar moeda para facer fronte ós gastos ocasionados polas obras na catedral. No ano 1085 foille retirado o privilexio de cuñaxe á igrexa compostelá logo da detención do propio bispo, non obstante a ceca seguiu a bater moeda pero administrada pola coroa.

Con Xelmírez á cabeza do episcopado compostelán reactívanse as obras catedralicias e solicítase o privilexio de cuñar moeda, o que consegue no ano 1107 para el e os seus sucesores e en 1109 consegue o dereito para a cuñaxe de moedas de prata, aínda que o certo é que non se conserva ningunha moeda en prata labrada na ceca compostelá.

Moedas editar

Diñeiro de billón
Diñeiro de billónvisigodo
Diñeiro de billón
Diñeiro de billón
Real de prata
Cruzado de billón
Cornado de billón
Diñeiro de billón

Notas editar

  1. Pita Fernández, R. (1999). Páxinas 66-68.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar