Coviña

oco pétreo na arte rupestre
(Redirección desde «Cazoleta»)

En arqueoloxía, denomínase coviña[1] (tamén chamada cazoleta ou corgo) a un pequeno oco artificial escavado na superficie dalgunhas rochas, tendo xeralmente unha sección semiesférica e planta circular (aínda que tamén se atopen de planta cuadrangular). Poden atoparse tanto illadas como formando agrupacións, con outras coviñas ou con outros gravados rupestres ou petróglifos.

Detalle da Laxe das Rodas, cunha coviña de 21 cm de diámetro e 5 cm de profundidade no centro do petróglifo da esquerda, así como pequenas coviñas (puntos) ao redor del.
Coviñas nunha rocha en Alpe Prà, Italia.

Aínda que o caso máis común é que se atopen gravadas nas superficies de formacións rochosas naturais, tamén poden aparecer en ortóstatos megalíticos.

As coviñas son un dos motivos rupestres máis recorrentes, en todas as épocas e latitudes.[2] Son comúns nos petróglifos galegos. A súa cronoloxía abranguería, en Europa, do Paleolítico Medio (La Ferrassie) até a Idade de Ferro.[2]

Funcionalidade editar

As hipóteses existentes sobre a funcionalidade das coviñas son múltiples, entre elas:[2]

  • colectores para ofrendas,
  • pías de libacións ou de sacrificios,
  • símbolos de carácter sexual feminino,
  • cartografías, de constelacións e terrestres,
  • marcadores de espazos sacros, de camiños migratorios, de locais con alto valor máxico e propiciatorio,
  • ligadas a cultos litolátricos, acuáticos, destinados a promover ou a incrementar a fertilidade, particularmente a feminina,
  • taboleiros para xogos,
  • marcadores de operacións pre-numéricas.

Lugares sacros editar

Algunhas hipóteses apuntan a que, polo menos en certas rexións, as coviñas poderían sinalar un espazo sacro prehistórico, espazo que se mantivo, unha vez instalado o cristianismo, coa construción de templos (capelas, etc) en tales lugares. Existiría, polo tanto, unha "converxencia espacial" entre a distribución destes gravados e a distribución de certos templos cristiáns.[3][4]

Fertilidade editar

Breck Parkman reportou que os indios Pomo buscaban o poder resultante da produción de coviñas para curar a infertilidade.[5]

Notas  editar

  1. Nomes en galego en Léxico de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996
  2. 2,0 2,1 2,2 cf. p. 108 de VARELA GOMES,Mário. "A rocha 11 de Gardete (Vila Velha de Ródão) e os períodos terminais da arte rupestre do Vale do Tejo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2009. Consultado o 19 de outubro de 2008. Las cazoletas son el motivo rupestre más recurrente, en todas las épocas y latitudes, siendo conocidas en Europa, por lo menos, a partir del Paleolítico Medio (Lana Ferrassie) hasta la Edad de Hierro. Sin embargo, su simplicidad formal, y tal vez la abundancia, ha dificultado un mayor interés por su estudio, aunque tales atributos parezcan indicar un significado múltiple, alterado en consonancia a las épocas y especificidad de los contextos que habían integrado 
  3. HENRIQUES, Francisco; CANINAS, João Carlos e CHAMBINO, Mário "ROCHAS COM COVINHAS NA REGIÃO DO ALTO TEJO PORTUGUÊS".
  4. cf. web Rocas con cazoletas en el alto Alto Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  5. "2000 Kevin L. CALLAHAN, "A Paper read at the Philadelphia SAA Conference on April 8, 2000"". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2009. Consultado o 10 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar