En bioloxía molecular as caveolinas son unha familia de proteínas integrais de membrana que son o principal compoñente das membranas das caveolas (pequenas invaxinacións na membrana plasmática) e interveñen na endocitose independente de receptor.[1][2][3] As caveolinas poden actuar como proteínas de armazón dentro das membranas caveolares ao compartimentalizar e concentrar moléculas de sinalización. Tamén inducen unha curvatura positva (cara a dentro) da membrana por medio da súa oligomerización e inserción de forquitas. Varias clases de moléculas de sinalización, como as subunidades da proteína G, tirosina quinases receptoras e non receptoras, óxido nítrico sintase endotelial (eNOS) e pequenas GTPases, únense á caveolina 1 por medio do seu 'dominio de armazón de caveolina'.

Caveolina
Identificadores
SímboloCaveolin
PfamPF01146
InterProIPR001612
PROSITEPDOC00930
Identificadores
Símbolo CAV1
Símbolos alt. CAV
Entrez 857
HUGO 1527
OMIM

601047

RefSeq NM_001753
UniProt Q03135
Outros datos
Locus Cr. 7 q31
Identificadores
Símbolo CAV2
Entrez 858
HUGO 1528
OMIM

601048

RefSeq NM_001233
UniProt P51636
Outros datos
Locus Cr. 7 q31
Identificadores
Símbolo CAV3
Entrez 859
HUGO 1529
OMIM

601253

RefSeq NM_001234
UniProt P56539
Outros datos
Locus Cr. 3 p25

A familia do xene da caveolina consta de tres membros en vertebrados: CAV1, CAV2 e CAV3, que codifican as proteínas caveolina 1, caveolina 2 e caveolina 3, respectivamente. Todas elas son proteinas de membrana con estrutura similar. A caveolina forma oligómeros e asóciase co colesterol e esfingolípidos en certas áreas da membrana plasmática, o que orixina a formación de caveolas.

Estrutura e expresión

editar

As caveolinas teñen estrutura similar. As tres forman bucles en forquita que están inseridos na membrana plasmática. Tanto o extremo C-terminal coma o N-terminal están orientados cara ao lado citoplásmico da membrana. Hai dúas isoformas da caveolina 1: caveolina 1α e caveolina 1β, esta última carece dunha parte do N-terminal.

As caveolinas encóntranse na maioría das células de mamíferos adherentes.

Función

editar

As funcións das caveolinas están aínda sendo intensamente investigadas. Coñécese principalmente o seu papel na formación de invaxinacións dun tamaño de 50 nanómetros na membrana plasmática, chamadas caveolas. Os oligómeros da caveolina forman o recubrimento destes dominios. As células que carecen de caveolinas tamén carecen de caveolas. A estes dominios da membrana asignáronselles moitas funcións, que van desde a endocitose e transcitose á transdución de sinais.

A caveolina 1 tamén desempeña un papel na sinalización de integrinas. A forma fosforilada na tirosina da caveolina 1 colocalízase con adhesións focais, o que suxire un papel da caveolina 1 na migración celular. A regulación á baixa da caveolina-1 causa unha migración menos eficiente in vitro.

Os ratos modificados por enxeñaría xenética que carecen de caveolina 1 e caveolina 2 son viables e fértiles, o que mostra que nin as caveolinas nin as caveolas son esenciais no desenvolvemento embrionario e reprodución destes animais. Porén, os animais knockout desenvolven pulmóns anormais hipertróficos e miopatías cardíacas, que lles causan unha redución na esperanza de vida. Os ratos que carecen de caveolinas tamén padecen unha alteración das respostas anxioxénicas así como respostas anormais aos estímulos vasoconstritores. No peixe cebra, a falta de caveolinas causa unha letalidade embrional, o que indica que os vertebrados superiores (como o caso do exemplo do rato) desenvolveron algún tipo de compensación ou redundancia para as funcións das caveolinas que non se observa nos peixes.

Papel en enfermidades

editar

Cancro

editar

As caveolinas teñen un papel paradoxal no desenvolvemento desta enfermidade, xa que foron implicadas tanto na supresión de tumores coma na oncoxénese.[4] Unha alta expresión de caveolinas causa a inhibición de vías relacionadas co cancro, como as vías de sinalización de factores de crecemento. Porén, certas células cancerosas que expresan caveolinas demostraron ser máis agresivas e metastáticas, debido ao seu potencial para o crecemento independente de ancoraxe.

Doenzas cardiovasculares

editar

As caveolinas pénsase que desempeñan un importante papel durante o desenvolvemento da aterosclerose.[5] Ademais, a caveolina 3 foi asociada coa síndrome da QT longa.[6]

Distrofia muscular

editar

A caveolina 3 foi implicada no desenvolvemento de certos tipos de distrofia muscular (distrofia muscular da cintura das extremidades).[7]

  1. Tang Z, Scherer PE, Okamoto T, Song K, Chu C, Kohtz DS, Nishimoto I, Lodish HF, Lisanti MP (January 1996). "Molecular cloning of caveolin-3, a novel member of the caveolin gene family expressed predominantly in muscle". J. Biol. Chem. 271 (4): 2255–61. PMID 8567687. doi:10.1074/jbc.271.4.2255. 
  2. Scherer PE, Okamoto T, Chun M, Nishimoto I, Lodish HF, Lisanti MP (January 1996). "Identification, sequence, and expression of caveolin-2 defines a caveolin gene family". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 93 (1): 131–5. PMC 40192. PMID 8552590. doi:10.1073/pnas.93.1.131. 
  3. Williams TM, Lisanti MP (2004). "The caveolin proteins". Genome Biol. 5 (3): 214. PMC 395759. PMID 15003112. doi:10.1186/gb-2004-5-3-214. 
  4. Shatz M, Liscovitch M (March 2008). "Caveolin-1: a tumor-promoting role in human cancer". Int. J. Radiat. Biol. 84 (3): 177–89. PMID 18300018. doi:10.1080/09553000701745293. 
  5. Williams TM, Lisanti MP (2004). "The Caveolin genes: from cell biology to medicine". Ann. Med. 36 (8): 584–95. PMID 15768830. doi:10.1080/07853890410018899. 
  6. Vatta M, Ackerman MJ, Ye B, Makielski JC, Ughanze EE, Taylor EW, Tester DJ, Balijepalli RC, Foell JD, Li Z, Kamp TJ, Towbin JA (November 2006). "Mutant caveolin-3 induces persistent late sodium current and is associated with long-QT syndrome". Circulation 114 (20): 2104–12. PMID 17060380. doi:10.1161/CIRCULATIONAHA.106.635268. 
  7. Galbiati F, Razani B, Lisanti MP (October 2001). "Caveolae and caveolin-3 in muscular dystrophy". Trends Mol Med 7 (10): 435–41. PMID 11597517. doi:10.1016/S1471-4914(01)02105-0. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar