In vitro é unha locución latina que significa literalmente "no vidro". Refírese a unha técnica para realizar un determinado experimento nun tubo de ensaio, ou xeralmente nun ambiente controlado fóra dun organismo vivo.

Cultivo dunha vide in vitro.

A fecundación in vitro é un exemplo amplamente coñecido, que consiste nun procedemento de reprodución asistida realizado nun laboratorio. Ao igual que outros moitos experimentos relacionados coa bioloxía molecular que se levan a cabo fóra dos organismos ou células, e nos que as condicións non representan necesariamente as condicións intracelulares, os resultados son mencionados a miúdo como in vivo ("que ocorre ou ten lugar nun organismo vivo), in vitro ou in silico ("feito por computadora ou mediante unha simulación computacional").

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar