Abrir o menú principal

Catarina de Castela

Princesa de Asturias

Catarina de Castela, nada en Illescas, na actual provincia de Toledo, o 5 de outubro de 1422, e finada en Madrigal de las Altas Torres o 10 de setembro de 1424, foi unha infanta de Castela, filla primoxénita do rei Xoán II.

Catarina de Castela
Infanta de Castela
Princesa de Asturias

Nacemento5 de outubro de 1422
Illescas, Castela
Falecemento10 de setembro de 1424
Madrigal de las Altas Torres, Castela
PredecesorXoán de Castela
SucesorHenrique de Castela
(Leonor de Castela) [1]
Casa realTrastámara
ProxenitoresXoán II de Castela
María de Aragón

Como heredeira ao trono, foi xurada en 1423 como Princesa de Asturias, título que ostentou até a súa prematura morte.[2]

TraxectoriaEditar

Catarina naceu o 5 de outubro de 1422 en Illescas, sendo a primeira dos fillos do matrimonio entre Xoán II de Castela e a súa primeira esposa María de Aragón, e foi bautizada por Diego Gómez de Fuensalida, bispo de Zamora.

O rei dirixiuse á corte de Toledo, desde onde mandou chamar á raíña para que acudira coa súa filla. A infanta acabada de nacer debía ir a aquela cidade para ser recoñecida e xurada como princesa herdeira da Coroa. Xoán II ordenou, entón, que as Cortes se reuniran en Toledo, pero, debido a una epidemia de peste, o rei non puido chamar aos procuradores. Por iso, partiron distintos cabaleiros en cuxas mans os representantes das cidades debían prestar o xuramento que non puideron realizar á princesa en persoa.[3] Así, a Infanta foi formalmente recoñecida como a sucesora ao trono do reino e proclamada como Princesa de Asturias polas Cortes de Toledo o 1 de xaneiro de 1423.[2]

A Crónica de los Reyes de Castilla describe o acto celebrado nuna sala do Alcázar de Toledo en xaneiro de 1423, da seguinte forma:[4]

[...] el infante don Juan [el primero de los nobles] llegó a la cama donde estaba la princesa, y le besó la mano, y en las manos del rey hizo juramento y pleito de homenaje que en el caso que el rey falleciera sin dejar hijo varón legítimo... que desde entonces había a la princesa por reina y señora en estos reinos... y que guardaría su vida y salud y todo su servicio, a provecho y bien común de estos reinos, y desviaría todo mal y peligro de su persona y daño de sus reinos en cuanto él pudiese; y haría guerra y paz por su mandado de las villas y lugares y castillos que en estos reinos tenía, y la recibiría en ellos y en cada uno de ellos, airada o pagada, de día o de noche, con muchos o con pocos, como ella pluguiese; y que correría en todos sus lugares su moneda y no consentiría que corriese otra, y que haría y guardaría cerca de ella todas las cosas y cada una de las que el buen vasallo debe y es tenido de guardar a su rey y señor natural. Y esto hecho, el rey mandó que todos besasen la mano a la princesa y le hiciesen pleito y homenaje en las manos del infante Juan, teniendo el obispo de Cuenca el misal y la cruz en las manos, en que se producía el juramento.

Para festexar estes acontecementos, celebráronse un torneo e varias xustas nunhas festas que duraron unha semana.

O 10 de setembro de 1424 faleceu Catarina en Madrigal de las Altas Torres, cando aída non cumprira os dous anos de idade. A morte da princesa de Asturias deixou como única herediera a súa irmá Leonor, que naquel entón tiñaa un ano, á espera de que a raíñ dera a luz ao fillo que esperaba. O 5 de xaneiro de 1425 nacería un varón, Henrique, que chegaría a ocupar o trono como Henrique IV.

A princesa Catarina está sepultada na Cartuxa de Miraflores (Burgos), xunto co seu pai e a súa segunda esposa, Isabel de Portugal.[5]

Predecesor:
Xoán de Castela
Princesa de Asturias
1423 - 1424
Sucesor:
Henrique de Castela
(Leonor de Castela)[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 En ocasións, Leonor é omitida das listas de príncipes de Asturias, como en: Sampedro Escolar, José Luis (2004): A numeración dos Príncipes de Asturias. Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía.
  2. 2,0 2,1 VV. AA. (2001): Tratado de genealogía, heráldica y derecho nobiliario. Segundo curso de Licencia de la Escuela de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria. Madrid: Instituto Salazar y Castro, CSIC. Editorial Hidalguía. ISBN 84-0005-668-X.
  3. Colmeiro, Manuel (1884): Cortes de los antiguos Reinos de León y de Castilla. Madrid: Real Academia de la Historia, 1861-1903 (Imp. y Estereotipia de M. Rivadeneyra).
  4. Martín, José Luis (2003): Enrique IV de Castilla. Rey de Navarra, Príncipe de Cataluña. Hondarribia: Ed. Nere.
  5. Pedro Aguado Bleye e Cayetano Alcazar Molina (1969): Manual de historia de España. Tomo I. Prehistoria. Edades antigua y media. Manual para la enseñanza secundaria y universitaria. Madrid: Espasa-Calpe.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pérez de Guzmán, Fernán; Galíndez de Carvajal, Lorenzo (1779): Crónica del señor rey don Juan, segundo de este nombre en Castilla y en León. Imprenta de Benito Montfort.
  • Risco, Manuel (1795): España sagrada. De la Iglesia exenta de Oviedo desde el medio del siglo XIV hasta fines del siglo XVIII. Tomo XXXVIII. Oficina de la viuda e hijo de Marín.