Alcázar de Toledo

O Alcázar de Toledo é unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta da cidade de Toledo, dominando toda a cidade.

Alcázar de Toledo
Coordenadas39°51′29″N 4°01′14″O / 39.85805556, -4.02055556Coordenadas: 39°51′29″N 4°01′14″O / 39.85805556, -4.02055556
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

No século III foi un palacio romano. Foi restaurado durante o mandato de Afonso VI e Afonso X e modificado en 1535, baixo o mandato de Carlos I de España e V de Alemaña, que utilizou o Alcázar en múltiples ocasións como residencia oficial dos Reis de España.

A mediados do século XIX o Ministerio da Gobernación, durante o reinado de Isabel II, instalou na torre sueste un mecanismo telegráfico para recibir e enviar mensaxes codificados desde Madrid ata Cádiz; era a torre telegráfica nº 10 da Liña de Andalucía, creada polo Brigadier Mathé. Os postos desta liña de torres de telegrafía óptica estiveron nalgunhas poboacións como Aranjuez, Toledo, Consuegra, Cidade Real, Puertollano e Fuencaliente; na parte andaluza atravesaba entre outros lugares como Cardeña, Montoro, Córdoba capital, Carmona, Sevilla capital, Las Cabezas de San Juan, Xerez da Fronteira, Cádiz capital e San Fernando. O seu funcionamento como telégrafo óptico foi breve, desde 1848 ata 1857.

O Alcázar e a guerra civil española editar

No período próximo á guerra civil albergaba a Academia de Infantería e foi utilizado polo entón coronel José Moscardó (Comandante director da mesma) como punto defensivo e de resistencia das tropas rebeldes; foi destruído case totalmente polas tropas afíns á Segunda República Española durante o asedio que durou 70 días do 22 de xullo ao 28 de setembro de 1936. Feito representado na película Sin novedad en el Alcázar. Posteriormente foi reedificado e actualmente acubilla a Biblioteca de Castela-A Mancha e albergará o Museo do Exército.

Durante a contenda os combatentes sublevados atrincheirados no alcázar crearon o seguinte himno:

Cantemos del Alcázar
las glorias de la raza,
cantemos con orgullo
sus rasgos de valor
a fin de que resurja
grandiosa nuestra España
con plétora de vida
y espléndida de honor.
Luchemos con denuedo
y llenos de vigor
rompamos el asedio
con ímpetu y ardor.
Heróicos militares,
intrépidos paisanos,
templemos los aceros
al rudo pelear.
Juremos no rendirnos
diciendo a los tiranos
nosotros a la Patria
tenemos que salvar.
Traidores y farsantes
que negáis la religión
y albergan vuestros pechos
el rencor y la pasión.
No olvidéis que
en la contienda
se decide el porvenir
y por eso lucharemos
bien dispuestos a morir.
Esas bombas y granadas
que nos tiran sin cesar
nunca pueden abatirnos
ni tampoco amedrentar.
La victoria está cercana
y precisa combatir
demostrando a los rufianes
que podemos resistir.
valerosos defensores del Alcázar.
¡Viva España!
¡Viva!

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sánchez Ruiz, Carlos, La Telegrafía Óptica en Andalucía, Consellería de Obras Públicas e Transportes, Xunta de Andalucía, Sevilla, 2006. (en castelán)
  • Sánchez Ruiz, Carlos, "Las torres telegráficas de Toledo y Cidade Real", Revista Castillos de España, nº 148 de decembro 2007. (en castelán)