Castro dos Prados
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 43°43′24″N 7°48′46″O / 43.72335, -7.8126777777778
O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.
Castro dos Prados | |
---|---|
Parroquia | Espasante |
Concello | Ortigueira |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15061002 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | 1987-1992 |
Estado actual | ? |
Extensión estimada | 0,9 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
SituaciónEditar
Castro situado no concello de Ortigueira na provincia da Coruña, concretamente na parroquia de San Xoán de Espasante.
Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana.
DescriciónEditar
O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido.
Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992.
O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento arredor do século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou pedra fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto co de "Augas Santas" en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso.
Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un as de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).
Galería de ImaxesEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro dos Prados |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Castro de Punta dos Prados na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.