Castro dos Penedos

poboado fortificado en Vilalba

O castro dos Penedos, tamén coñecido como castro de Belesar, é un castro situado na parroquia de Belesar,[1][2] no concello lucense de Vilalba.

Castro dos Penedos
ParroquiaBelesar
ConcelloVilalba
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27065235
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

Accédese a el logo de chegar á ponte de Meire e dende alí xa se ve unha forte pendente, que corresponde cunha parte do castro. Tamén recibe o nome de castro de Santa Catarina por unha capela en adoración á santa que se construíu sobre el e da que só se conserva un muro.[3]

Descrición

editar

É o segundo de maior extensión de todo o concello, logo do castro de Goiriz.[4] Atópase sobre un couto, conta con dobre muro defensivo e un terreo bastante irregular.

Arqueoloxía

editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Existe unha historia de mouros no castro e un tesouro enterrado nun baúl.

  1. "Castro de Belesar". OpenStreetMap. Consultado o 2019-12-25. 
  2. "Visor SigPac". sigpac.magrama.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-25. 
  3. Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
  4. "Santiago de Goiriz na web do concello de Vilalba". vilalba.gal. Consultado o 30 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar