Castro de Goiriz
poboado fortificado en Vilalba
O castro de Goiriz é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Goiriz,[1] no concello lucense de Vilalba. Atópase preto da igrexa parroquial. É o meirande castro do concello de Vilalba: 20.700 metros cadrados. Conta con tres defensas.[2]
Castro de Goiriz | |
---|---|
Parroquia | Goiriz |
Concello | Vilalba |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27065006 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 20.700 m2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Accédese ao castro pola N-634 con dirección a Oviedo. Atópase preto da escola habanera e da igrexa parroquial.[3] Ten moi boa visibilidade.
Notas
editar- ↑ siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ "Santiago de Goiriz na web do concello de Vilalba". vilalba.gal. Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |