Castro dos Prados

castro en Ortigueira
(Redirección desde «Castro de Punta dos Prados»)

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á cultura castrexa, un dos coñecidos como castros costeiros. Sitúase en Espasante (Ortigueira).

Castro dos Prados
ParroquiaEspasante
ConcelloOrtigueira
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15061002
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavación1987-1992
Estado actual?
Extensión estimada0,9 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Descrición

editar

Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana. O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido. Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992.

O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento arredor do século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou pedra fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto castro de Armeá en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso.

Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un ás de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • OTERO VILARIÑO, C.; AYÁN VILA, X. M., TAPA: Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio. Plan Director del Castro de Punta dos Prados. Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe. Santiago de Compostela, 2004.
  • PARCERO OUBIÑA, C.; GARCÍA VUELTA, O.; ARMADA, X.L., 2008.Contextos y Tecnologías de la Orfebrería Castreña: en torno a una nueva Arracada de Punta dos Prados (Ortigueira, A Coruña). Revista Complutum Vol. 20 (1): 83-108.
  • RAMIL SEOANE, E.; BREIXO RODRÍGUEZ, X.C.; GRANDÍO SEOANE, E., Historia de Ortigueira. Vía Láctea Editorial. A Coruña, 1999.
  • CARBALLO ARCEO, X., Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Editorial Nigratrea. Vigo, 2006.

Ligazóns externas

editar