Castor Sánchez Martínez
Castor Sánchez Martínez, nado en Parada de Amoeiro (Amoeiro) o 8 de xaneiro de 1894 e finado en Beade o 25 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.
Castor Sánchez Martínez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1894 |
Lugar de nacemento | Parada de Amoeiro |
Falecemento | 25 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Beade |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e canteiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Canteiro, foi representante dos traballadores nas obras do ferrocarril. Loitador pola abolición dos foros, foi presidente das sociedades agrarias en Parada de Amoeiro. En 1919 marchou a Francia para evitar as represalias pola súa loita como agrarista, retornando en 1921. Fundou en Parada de Amoeiro a UGT e a Agrupación Socialista de Amoeiro, da que foi o seu primeiro secretario. Coa chegada da Segunda República foi elixido alcalde de Amoeiro o 5 de xuño de 1931. O 11 de outubro de 1934 foi cesado e deportado. Regresou a Amoeiro en xaneiro de 1935. O 20 de febreiro de 1936 asumiu novamente a alcaldía de Amoeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e o 25 de agosto asasinado na estrada Berán-Beade, no cruzamento de Beade. Pouco antes os falanxistas asasinaron a Antonio Pérez Gutiérrez "Pinante", na estrada de Amoeiro a Parada. Ambos foron soterrados no cemiterio de Beade.
Colaborou en La Zarpa, La República e La Lucha, utilizando ás veces o pseudónimo José del Arroyo.
Predecesor: ? |
Alcalde de Amoeiro 1931 - 1934 |
Sucesor: Manuel Vázquez González |
Predecesor: José María González González |
Alcalde de Amoeiro 1936 |
Sucesor: ? |
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Prada Rodríguez, Xulio (2014). Castor Sánchez Martínez. A conquista da cidadanía. Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-712-5.
Ligazóns externas Editar
- Castor Sánchez Martínez na páxina web Nomes e Voces.