La Lucha (Ourense)

La Lucha foi un semanario publicado en Ourense entre 1931 e 1932.

La Lucha

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeOurense
Na rede
Galiciana: 3924
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano de la Agrupación Socialista y de la Federación Agraria de la Provincia, apareceu o 21 de agosto de 1931. De tendencia socialista moderada, foi voceiro da Agrupación Socialista. Dirixido por José Marcos Naval e impreso nos obradoiros tipográficos La Popular, ofreceu información e opinión política. Foi contrario aos comunistas, anarcosindicalistas, conservadores e galeguistas. Entre os seus colaboradores estiveron Edmundo Lorenzo Santiago, Alfonso Quintana Pena, Manuel Suárez Castro e Enrique Heraclio Botana, ademais das figuras do socialismo español Julián Besteiro e Manuel Cordero Pérez. Cesou a súa publicación o 2 de abril de 1932.[1]

Notas

Véxase tamén editar

Bibliografía editar