Edmundo Lorenzo Santiago
Edmundo Lorenzo Santiago, nado en Ferrol o 23 de agosto de 1893 e finado en Guadalaxara (México) o 22 de febreiro de 1973, foi un político socialista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1893 Ferrol, España |
Morte | 22 de febreiro de 1973 (79 anos) Guadalaxara, México |
Deputado nas Cortes republicanas | |
2 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , tipógrafo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarTraballou no estaleiro ferrolán, e con dezaoito anos entrou en El Correo Gallego e a imprenta Moliné onde aprendeu o oficio de tipógrafo. Ingresou na Agrupación Socialista de Ferrol en 1909 e dirixiu El Obrero. Foi elixido concelleiro de Ferrol polo PSOE nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 e deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e nas eleccións xerais de 1936. Cando estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 instalouse en Barcelona onde colaborou con Pedro Longueira Patiño na fundación de El Socialista Gallego, órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos. Foi conselleiro do Ministerio de Industria e Comercio na Sociedad Española de Construcción Naval e na Eléctrica Madrileña e vocal do Tribunal de Responsabilidades Civiles. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México, a onde chegou a bordo do Ipanema en xullo de 1939. En 1942 fundou con Marcial Fernández Vázquez a Agrupación Socialista Gallega. Na sesión das Cortes Republicanas no exilio celebradas en 1945 no Palacio Municipal da Praza do Zócalo en México rompeu a disciplina de voto para apoiar a constitución da Comisión de Estatutos (destinada a ditaminar o Estatuto de Autonomía de Galicia), declarándose galego antes que número dun partido[1]. Foi expulsado do PSOE en 1946. Integrouse no Consello de Galiza. No XXXVII Congreso Federal do PSOE foi readmitido na disciplina do partido con todos os efectos xunto con 36 militantes máis, encabezados por Juan Negrín.[2][3]
Notas
editar- ↑ Paz-Andrade, Valentín (2012). "XXVI". Castelao na luz e na sombra. Galaxia. ISBN 9788498654349.
- ↑ El compañero Negrín: os militantes readmitidos foron Juan Negrín López, Julio Álvarez del Vayo, Ramón Lamoneda Fernández, Ramón González Peña, Jerónimo Bujeda, Juan Simeón Vidarte, Julia Álvarez Resano, Matilde de la Torre, Edmundo Lorenzo, Antonio Pasagali, Ángel Galarza, Vicente Ruiz Sarmiento, Mariano Moreno Mateo, Miguel Amilibia, Nicolás Jiménez Molina, Veneranda García Manzano, Adrián García, Leandro Pizarro, José Rodríguez Vega, Antonio Huerta, Gabriel Morón, Vidal Rebora, Suárez Guillen, Carlos Abad, José Moreno Remacha, César Rodríguez González, Amaro del Rosal, Modesto Moyro, Juan Bautista Alvarado, Saturnino Gimeno, Matilde Cantos, Max Aub, Juan Pablo García, Jesús Ibáñez, Jesús Vallina y Felipe García.
- ↑ "Negrín y 35 viejos militantes socialistas", por Ángel Viñas, El País, 8 de xullo de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edmundo Lorenzo Santiago |