Castelán panameño

variedade do castelán falado en Panamá

O castelán panameño é a variedade da lingua castelá ou español falado en Panamá. Corresponde a unha variedade local do castelán caribeño. Por mor da influencia cultural e da presenza dos Estados Unidos, o castelán panameño absorbeu moito vocabulario do inglés. Por outra banda, a inmigración de cidadáns de territorios do Caribe de fala inglesa (Xamaica, Trinidad e Tobago, Barbados, etc), durante o século XIX ás provincias de Bocas del Toro e Colón contribuíu nesta influencia.

Castelán panameño
Outros nomes:Español panameño
Falado en: Panamá
Total de falantes: 4,1 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán panameño
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Panamá
Regulado por: Academia Panameña da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O francés tamén tivo unha lixeira influencia no castelán panameño. As colonias hebreas, árabes, italianas, hindis, chinesas e gregas influíron en menor grao no castelán panameño, ao igual que os pobos indíxenas de Panamá.

A base léxica do castelá panameño é o castelán de España, mais moitas linguas contribuíron á conformación da variedade mediante préstamos. Algunhas linguas amerindias, outras africanas, a inglesa, a francesa, a italiana e a alemá son as que en maior ou menor medida deixaron a súa pegada no castelán panameño.[2]

Notas editar

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», p. 7
  2. Giralt Latorre, Javier (1991). Algunos préstamos en el espaňol de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante: ELUA. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alvarado de Ricord, Elsie: El español de Panamá; estudio fonético y fonológico. Panamá, 1971.
  • Banse, Timoteo, Panamanian Spanish Slang: Words and Phrases ISBN 978-0934523-03-5.
  • Giralt Latorre, Javier (1991): Algunos préstamos en el español de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante, 7, 137–158.
  • Broce, Marlene e Torres Cacoullos, Rena (2002): Dialectología urbana rural: la estratificación social de (r) y (l) en Coclé, Panamá. Hispania, 85/2, 342–354.
  • Quilis, Antonio e Graell Stanziola, M. (1992): La lengua española en Panamá. Revista de Filología Española, 72/3–4, 583–638.