Luis Carrero Blanco
Luís Carrero Blanco, nado en Santoña, Cantabria, o 4 de marzo de 1904 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1973, foi un militar e político español. Ocupou diversos cargos no goberno franquista, e foi asasinado por ETA cando era Presidente do goberno de España durante a etapa final desa ditadura.
Luis Carrero Blanco | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Luis Carrero Blanco |
Alcume | Ginés de Buitrago e Juan de la Cosa |
Nacemento | 4 de marzo de 1904 e 4 de marzo de 1903 |
Santoña e Santoña | |
Falecemento | 20 de decembro de 1973 |
Madrid | |
Causa | Coche bomba |
Soterrado | Cemiterio de Mingorrubio - O Pardo |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | político e oficial da armada |
Cónxuxe | Carmen Pichot Villa |
Fillos | Luis Carrero-Blanco Pichot |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran colar da Orde de Cisneros, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Medalla de outo de Valladolid, sen etiquetar e Gran Cruz da Orde de Cisneros |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
FormaciónEditar
Ingresou na Escola Naval en 1918 contando con 14 anos e tomou parte na campaña de Marrocos de 1924-1926.
A guerra civilEditar
Ao iniciarse a guerra civil fuxiu ante o temor de ser executado por milicias republicanas e refuxiouse nas embaixadas de México e Francia, ata que en xuño de 1937 conseguiu evadirse á zona nacional.
Situado ao mando do destrutor Huesca e, posteriormente, dun submarino, chegou a ser xefe de Operacións do Estado Maior da Mariña.
Cargos de GobernoEditar
No ano 1940 redactou un informe recomendando a neutralidade española na segunda guerra mundial. Desde entón converteuse no home de confianza de Franco, sendo nomeado subsecretario (1941) e ministro da Presidencia (1951), logo vicepresidente (1967), o que supuxo un incremento crecente do seu peso específico no goberno do Estado. No seu labor procurou limitar a influencia dos falanxistas, promoveu a modernización económica e administrativa do Estado, aínda que sempre dentro do franquismo, e apoiou a planificación da sucesión monárquica do réxime, na figura de Xoán Carlos I.
En xuño de 1973 foi nomeado presidente do goberno, o que facía pensar que se convertería no home forte do Estado á morte do ditador e no alicerce sobre o cal se sustentaría o franquismo sen Franco. Pero o seu falecemento o 20 de decembro de 1973 nun atentado perpetrado por ETA en Madrid ("Operación Ogro") abortou esas expectativas.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luis Carrero Blanco |
Predecesor: Francisco Franco Bahamonde |
Presidente do Goberno de España 1973 (9 de xuño - 20 de decembro) |
Sucesor: Torcuato Fernández Miranda |