Carranciño común

Carranciño común

Adulto con plumaxe nupcial
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: Sternula
Especie: S. albifrons
Nome binomial
Sternula albifrons
Pallas, 1764
Sinonimia

Sterna albifrons

O carranciño común[2], tamén chamado carrán pequeno[3][4] ou carrán pirrí[5], (Sternula albifrons, antes Sterna albifrons) é unha ave da familia Sternidae, que se encontra en Eurasia, África e Oceanía.

Taxonomía

editar
 
S. a. sinensis en plumaxe nupcial.

Anteriormente incluíase no xénero Sterna, que actualmente se restrinxe para os grandes carráns (Bridge et al., 2005). Ademais dúas variedades que inicialmente se consideraban subespecies do carrán pequeno (S. a. antillarum e S. a. saundersi) actualmente son considerads especies separadas: Sternula antillarum e Sternula saundersi.

Recoñécense tres subespecies:

  • S. a. albifrons: a nominal, que se encontra en Europa, o Norte de África e Oriente próximo;
  • S. a. guineae: de África central e occidental;
  • S. a. sinensis: que se estende de Asia oriental ás costas occidentais de Australia.

A etimoloxía do seu nome científico é moi descritiva, en latín Sternula significa 'pequeno carrán' e albifrons significa 'de fronte branca'.

Descrición

editar
 
S. a. sinensis en plumaxe invernal xunto a Thalasseus bergii do dobre de tamaño.

É pequeno en comparación con outros carráns, mide de 22 a 24 cm e ten unha envergadura alar de 51 a 56 cm.[6] Polo seu tamaño e a fronte branca da súa plumaxe nupcial é pouco probable confundilos con outras especies, agás con Sterna nereis e o Sternula saundersi. A plumaxe do adulto en verán ten o dorso e partes superiores de cor gris clara e as partes inferiores brancas, igual que a súa cola curta e forcada; e as plumas primarias máis externas son escuras.[6] O bico estreito e bicudo é de cor amarela e ten a punta negra e as patas tamén son amarelas.[6] Na cabeza presenta un casquete negro que se estende cara a atrás por debaixo da caluga, interrompido por unha mancha branca na fronte. En inverno a mancha branca da súa fronte é máis ampla, o bico vólvese negro e a cor das patas faise máis apagada.[6]

Comportamento

editar
 
Carráns pequenos voando sobre as augas en busca de peixe.

O carrán pequeno cría nas costas e zonas húmidas da Eurasia temperada e tropical. É unha ave migratoria que se despraza para pasar o inverno nos océanos tropicais e subtropicais, chegando ata Suráfrica e Australia. É unha das especies ás que se lle aplica o Tratado sobre a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).

Cría en colonias en praias de grava ou illas. Pon de dous a catro ovos no chan. Como outros carráns é agresivo para defender o seu niño e polos e ataca os intrusos que se acheguen a eles.

Aliméntase de peixes, crustáceos e insectos. Como a maioría dos carráns, o carrán pequeno pesca lanzándose en picado á auga, xeralmente en medios salinos. Unha ofrenda de peixe que fai o macho á femia forma parte do seu ritual de cortexo.

 
Sternula albifrons albifrons
  1. BirdLife International (2009). "Sterna albifrons". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 5 de octubre de 2010. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Definición de Carranciño común no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Beaman, M. e Madge, S. (1998) Guía de identificación de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. P. 460. Ed. Omega ISBN 84-282-0946-4

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005): A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution. Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. PDF texto completo
  • Collinson, M. (2006). Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists. British Birds 99(6): 306-323.
  • Harrison, Peter (1988): Seabirds (2ª edición). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8.
  • Olsen, Klaus Malling & Larsson, Hans (1995): Terns of Europe and North America. Christopher Helm, Londres. ISBN 0-7136-4056-1

Ligazóns externas

editar