Caroline Peddle Ball
Caroline Peddle Ball, nada en Terre Haute, Indiana, o 11 de novembro de 1869 e finada en Harwinton, Connecticut, o 1 de outubro de 1838, foi unha escultora estadounidense.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1869 Terre Haute, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 1 de outubro de 1938 (68 anos) Harwinton, Estados Unidos de América (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | escultora |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Irmáns | John B. Peddle (en) |
Traxectoria editar
Primeiros anos e formación editar
Caroline Peddle era filla de Mary Elizabeth Ball e de Charles Rugan Peddle,[2] que exercía como mestre mecánico do ferrocarril de Terre Haute a Richmond.[3][4]
Caroline Peddle comezou a súa educación na Escola Normal de Terre Haute e despois no Instituto Politécnico Rose. Posteriormente continuou a súa formación artística en Filadelfia, na Escola de Deseño Feminino e na Academia de Belas Artes de Pensilvania. Xa en Nova York, completou a súa formación na Art Students League,[2][3] con profesores como Augustus Saint-Gaudens e Kenyon Cox.[4][5] Nesta institución formou parte do Gremio de Artes e Oficios.[6]
Carreira artística editar
Peddle Ball traballou para a Tiffany Glass and Decorating Company, que expuxo os seus deseños na Exposición de Chicago de 1893.[3][4] Para esta compañía deseñou as súas primeiras encargas, entre outras, as figuras da Virxe xuvenil e do Cristo do Sagrado Corazón.[6][8]
Por recomendación do seu antigo profesor Saint-Gaudens, encomendóuselle tamén o deseño dunha moeda en conmemoración a Exposición de Chicago, o coñecedio "cuarto de dólar isabelino", labor para o que foi contratada en marzo de 1893. Peddle chegou a presentar un esbozo do seu deseño para esta moeda conmemorativa, que reproducía no anverso a raíña de Castela Isabel I, mais este non foi do agrado do daquela director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Edward O. Leech, quen limitou a encarga a Peddle a só unha face da moeda. Ante esta situación, Peddle sentiuse desautorizada e no mes de abril decidiu retirarse do proxecto,[4] que finalmente foi executado polo gravador xefe da Casa da Moeda, Charles Edward Barber.[9]
Cara a 1895, Peddle Ball viaxou a Europa. Estivo en Florencia de setembro dese ano a marzo de 1896, estudando os mestres do Renacemento;[8] tamén visitou Roma e tivo un estudio en París durante varios anos, a partir de maio de 1897. Durante a súa estadía en Europa creou decoracións de interiores para residencias particulares e tamén esculturas monumentais. Unha destas figuras, Victoria, no edificio dos Estados Unidos da Exposición Universal de París de 1900, valeulle unha mención honorífica.[3][6]
Peddle Ball regresou aos Estados Unidos en 1902 e mantivo un estudio en activo durante o resto da súa vida. Foi unha prolífica expositora ata moi avanzada idade. A súa escultura de tamaño natural da actriz ruso-estadounidense Alla Nazimova recibiu homenaxes na Academia de Belas Artes de Filadelfia. Especializouse en fontes para paxaros, modelos de cativos, lápidas de cemiterio e farois decorativos.[3] Entre outros traballos, creou unha fonte conmemorativa en Flushing, Long Island, un retrato medallón de Miss Cox, de Terre Haute, e un monumento a un cativo na mesma cidade.[6]
Vida persoal editar
Caroline Peddle era a irmá máis nova de John B. Peddle, un enxeñeiro mecánico profesor de Deseño Mecánico no Instituto Politécnico Rose, onde ela estudou.[3]
O 16 de outubro de 1902 casou con Bertrand E. Ball, con quen tivo unha filla, chamada Mary Aseneth.[2] O matrimonio acabaría en divorcio.[4]
Caroline Peddle pasou os seus derradeiros anos en Connecticut. Alí finou o 1 de outubro de 1938, aos 68 anos,[3] no Charlotte Hungerford Hospital, na cidade de Torrington.[13]
Notas editar
- ↑ "Caroline Peddle Ball". AskArt.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ball, Caroline Peddle". En Leonard, J. W. (1914). Páxina 71.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Wright, S. "Caroline Peddle Ball (Nov 11, 1869 – Oct 1, 1938)". Vigo County Public Library (Vigolibrary.org).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Nichols, K. L. "Caroline Peddle Ball (1869 - 1938)". International Women Sculptors.1893 Chicago World's Fair and Exposition.
- ↑ C. (1906). Páxinas 310-311.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Waters, C. E. C. (1904). Páxina 25.
- ↑ Moran, M. F. (2008). Páxina 95.
- ↑ 8,0 8,1 C. (1906). Páxina 311.
- ↑ Moran, M. F. (2008). Páxinas 87-93.
- ↑ C. (1906). Imaxe de portada.
- ↑ C. (1906). Páxina 10 bis.
- ↑ St Nicholas for Young Folks. Vol. 32. Nº 4. Febreiro de 1905. Páxina 296.
- ↑ "Mrs. Caroline P. Ball; sculptress Taught by Saint Gaudens dies in Torrington". En The New York Times. 3 de outubro de 1938.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caroline Peddle Ball |
Bibliografía editar
- C. (1906). "The Work of Caroline Peddle Ball". En The Script. Notes on Art. Vol. I. Nº 10. Xullo. Páxinas 310-312.
- Leonard, J. W. (1914). Woman's who's who of America. The American Commonwealth Company, Nova York [reimpreso en 1976. ISBN 0-8103-4018-6]
- Moran, M. F. (2008). Striking Change: The Great Artistic Collaboration of Theodore Roosevelt and Augustus Saint-Gaudens. Whitman, Atlanta. ISBN 978-0-7948-2356-6
- Waters, C. E. C. (1904). Women in the Fine Arts: From the Seventh Century B.C. to the Twentieth Century A.D. Houghton, Mifflin.