Carlos del Pulgar

economista, empresario e editor galego

Carlos Alberto del Pulgar Sabín, nado en Ferrol o 2 de xuño de 1948,[1] é un empresario, escritor e editor galego, especializado na publicación de textos ilustrados sobre arte, e en libros didácticos para a educación de lectores infantís e xuvenís.

Carlos del Pulgar
Nacemento2 de xuño de 1948
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneditor, escritor, empresario e economista
FillosCarlos Alberto (1969)
Alejandro (1975)
LinguaCastelán e galego
XénerosPublicacións sobre arte e libros didácticos
EstudosCiencias Económicas
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Desde xuño de 1966 a outubro de 1987 traballou como técnico na compañía Telefónica.

En febreiro de 1984 fundou en Vigo a editorial Nova Galicia Edicións, da que é, até a actualidade, director, co obxectivo de recuperar documentos históricos para a súa edición facsimilar, como A Nosa Terra (1916), Galeuzca, A Fouce e outras, e de promover a arte e, en xeral, a cultura galegas, tanto dentro do país como alén das súas fronteiras.[2]

No ano 1997 comezou un proxecto, en colaboración co Museo Gallego da Arte, proxectado por Álvaro Siza e construído entre 1988 e 1993 en Santiago de Compostela,[3] preto do convento de San Domingos de Bonaval, e coñecido hoxe como Centro Galego de Arte Contemporánea, unha serie sobre artistas galegos: "Artistas pintores", "Artistas arquitectos" e "Artistas escultores", que hoxe en día alcanza 30 volumes dedicados aos artistas máis importantes de todos os tempos (máis de 500 en total).[1] [2]

Desde o ano 2000 vén realizando edicións en galego e portugués, dentro da colección Nova Galicia Arte, de monografías dedicadas aos máis importantes artistas da pintura universal,[1] e, a partir de 2003 comezou a editar libros para o público infantil e xuvenil, non só de narrativa e libros ilustrados, senón tamén de libros didácticos, tanto para os nenos como para os seus pais e profesores. Neste campo destaca a colección Contos de mamá, dirixida a nenas e nenos que se inician na lectura, e tamén as coleccións Qué me dis de..., Saber para vivir, Saber para crecer e Temas de hoy, que tratan temas de actualidade de grande interese en todos os sectores da sociedade; de curta extensión, cunha linguaxe actual, e ilustrados, abordan temas de actualidade que preocupan a pais, educadores e á sociedade en xeral, como o consumo de drogas, de alcohol, de tabaco, a violencia escolar, o respecto e a igualdade.[2]

No ano 2004 gañou o Premio ao Libro Mellor Editado na categoría de Arte, do Ministerio de Cultura de España, pola obra Quessada. Arte e liberdade.[4]

Obras Editar

Sobre arte galega Editar

Infantís e xuvenís Editar

  • La Moneda De Oro / The Golden Coin (2004; con Marcos Ta). ISBN 978-84-9607-099-8.
  • Emociones y sentimientos. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2006; con María Del Carmen Míguez Varela). ISBN 978-84-8540-117-8.
  • Consumismo. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2006; con Rafael Rodriguez Villarino). ISBN 978-84-8540-121-5.
  • Alcohol. Colección Saber para vivir / Learn to Live" (2007; con María del Carmen Lorenzo Pontevedra). ISBN 978-84-9695-035-1.
  • Autoestima. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2007; con María del Carmen Lorenzo Pontevedra). ISBN 978-84-9695-050-4.
  • Cuida tu planeta / Take Care of Your Planet. Colección Qué me dices de... (2007; con Manuel Antonio Fernández Domínguez). ISBN 978-84-9695-032-0.
  • Estudiar mejor... todo un deporte. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2007; con Pilar María Barreiro González). ISBN 978-84-8540-119-2.
  • El grifo de Juan / Juan's Faucet. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2007; con Cafe Roma). ISBN 978-84-9695-065-8.
  • Higiene personal. Colección Qué me dices de... / What About... (2016; con Ernesto Smyth Chamosa). ISBN 978-84-9695-056-6.
  • Decir no. Colección Temas de hoy (2016). ISBN 978-84-9438-814-9.
  • Concientizarse. Colección Temas de hoy (2016). ISBN 978-84-9438-816-3.

Edicións Editar

  • 2005 - Museos. Arte e cultura de Galicia e Norte de Portugal (2005). ISBN 978-84-9629-374-8. 4 tomos: "Allariz-Corcubión", "A Coruña-Ourense", "Paços de Ferreira-Santiago de Compostela" e "Santiago de Compostela-Zas".

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Del Pulgar Sabín, Carlos Alberto, en: VV. AA. (2002): Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S.A. ISBN 84-8064-113-4.
  2. 2,0 2,1 2,2 Páxina web da editorial Arquivado 17 de abril de 2018 en Wayback Machine..
  3. Museo Gallego de Arte (en castelán).
  4. Un traballo de Quessada preséntase nunha edición de luxo ABC. Ed. Galicia, 03/08/2005.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar