Abrir o menú principal

Carlos Vasallo

Empresario de orixe galega

Carlos Vasallo Tomé, nado no Concello de Cesuras[1][2], hoxe denominado Oza-Cesuras, 18 de outubro de 1950, é un empresario galego da industria do entretemento e do audiovisual de México e no mercado latino estadounidense.

Carlos Vasallo
Carlos Vasallo.jpg
Carlos Vasallo.
Nome completoCarlos Vasallo Tomé
Nacemento18 de outubro de 1950
 Concello de Cesuras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A principios da década de 1970 foi presidente de Corral de Comedias, unha compañía teatral que exportou a outros países de fala hispana obras tan destacadas como Anillos para una Dama. Foi precisamente esta a que levou a Carlos Vasallo a montala en México. Deste xeito iniciou a súa carreira en América.

Dende 1975 ata o ano 2000, fundou e presidiu diversas compañías exhibidoras e distribuidoras no mercado hispano dende California e a costa oeste dos Estados Unidos e en todo México, como son: American General Films USA, Mexican Home Video, Video Universal México, América Home Video e Películas Nacionales. Coa produtora cinematográfica Atrium Production, da cal tamén foi fundador e presidente, realizou máis de 40 películas españolas.

Entre 1984 e 1998 presidiu as compañías Cinematec Video e Connoisseur Video, distribuidoras especializadas en introducir o cine de tódalas épocas, o cine clásico europeo e o cine de grandes directores no mercado dos Estados Unidos de América. Fundou e presidiu a compañía Top Entertainment, que dende 1985 se converteu na distribuidora máis grande do cine mexicano, xa que conta cos dereitos de explotación para todo o mundo de máis de 4.000 películas mexicanas[3]. Durante as décadas de 1980 e 1990 foi presidente de Overseas Film Group, unha compañía independente para a distribución do cine americano en todo o mundo, chegando a distribuír máis de 200 películas da industria de Hollywood.

Dende o ano 2008 é tamén fundador e presidente das canles de televisión de pagamento Cine Estelar e Cine Nostalgia, ambas especializadas na exhibición de películas mexicanas en todo o territorio dos Estados Unidos de América. No ano 2009 formou a cadea de televisión VasalloVisión, na que logrou conxuntar emisoras de San Antonio (Texas), Houston (Texas), Denver (Colorado), Las Vegas (Nevada) e Louisville (Kentucky).

A partir de 2012 entrou na industria da recreación e o turismo, desenvolvendo salas de xogo e casinos en diversos hoteis da Riviera Maya en Cancún.

No ano 2014, na cidade de Santiago de Compostela, Galicia, recibiu a investidura como Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago. Foi un dos protagonistas do programa para Televisión de Galicia: "Pasaporte Galego", creado por Galicianblond®.

En 2016, foi nomeado presidente de América CV Network, que comprende as canles de televisión aberta CH-41 América TeVé e CH-48 TeVeo, dirixidas ao público hispano nos Estados Unidos e con sede na cidade de Miami (Florida), cunha distribución nos mercados de Miami, Nova York e Porto Rico[1].

FilmografíaEditar

Como guionistaEditar

Título orixinal (traducido) Ano Director Xénero País
Manaos[4] 1978 Alberto Vázquez Figueroa Thriller España / Italia / México
Jugando con la Muerte[5]  1982 Lucio Fulci Acción España
Conquest (La conquista de la tierra perdida)[6] 1983 José Antonio de la Loma Acción Italia/ España / México
Goma-2[7] 1984 José Antonio de la Loma Acción-drama España
Escuadrón[8] 1988 José Antonio de la Loma Acción-drama Estados Unidos/España/México

Como actorEditar

Título Ano Director Xénero Personaxe País
Los guardamarinas[9] 1967 Pedro Lazaga Comedia Chacón España
Aquí mando yo[10] 1967 Rafael Romero Merchent Comedia España
Juicio de faldas[11] 1969 José Luis Sáenz de Heredia Comedia España
Golpe de mano (Explosión) 1970 José Antonio de la Loma Guerra Fermín España
El diablo cojuelo[12] 1971 Ramón Fernández Comedia España
Tirarse al monte[13][14] 1971 Alfonso Ungría Drama España
La cera virgen[15] 1972 José María Forqué Comedia musical España
Minutos despues[16] 1976 Luis Eduardo Aute Curtametraxe Short España

Como directorEditar

Título orixinal (título traducido) Ano Director Xénero País
El día del compadre[17] 1983 Carlos Vasallo Comedia México
Gregorio Walerstein: el Zar[18] 2009 Carlos Vasallo Documental España/México

Como produtorEditar

Título orixinal (título traducido) Ano Director Xénero País
Manaos[4] 1978 Alberto Vázquez Figueroa Thriller España / Italia / México
Oro rojo[19] 1978 Alberto Vázquez Figueroa Thriller España/México
Day of the Assassin (El día de los asesinos)[20] 1979 Brian Trenchard-Smith Thriller Estados Unidos
Las mujeres de Jeremías[21] 1980 Ramón Fernández Western-aventuras México
Profesor eróticus[22] 1981 Luis María Delegado Comedia España
Jugando con la Muerte[5]  1982 Lucio Fulci Acción España
El día del compadre[17] 1983 Carlos Vasallo Comedia México
Goma-2[7] 1984 José Antonio de la Loma Acción-drama España
La muerte cruzó el río Bravo 1984 Hernando Name Acción-crime México
Río abajo (On the Line)[23] 1984 José Luis Borau Aventuras-drama España/Estados Unidos
Corazón de cristal[24] 1985 Gil Bettman Drama España
Ese loco, loco hospital 1986 Julio Ruiz Llaneza Comedia México
Murieron a la mitad del río 1986 José Nieto Ramírez Drama-aventuras México
Escuadrón[8] 1988 José Antonio de la Loma Acción-drama Estados Unidos/España/México
Fist Fighter (A puño limpio)[25] 1989 Frank Zuniga Acción-drama Estados Unidos/ España/ México
Un macho en la tortería[26] 1989 Alberto Rojas Comedia México
Dos nacos en el planeta de las mujeres[27] 1991 Alberto Caballo Rojas Ciencia ficción México
La metralleta infernal 1991 Juan Manuel Herrera Acción-crime México
Mujer de cabaret[28] 1991 Julián Pastor Acción-drama México
Aquí el que no corre, vuela[29] 1992 Ramón Fernández Comedia España
Cómo ser infeliz y disfrutarlo[30] 1993 Enrique Urbizu Comedia España
Intruso[31] 1993 Vicente Aranda Thriller España
Pelotazo nacional[32] 1993 Mariano Ozores Comedia España
Tirano Banderas[33] 1993 José Luis García Sánchez Drama-crime España/México/Cuba
Tres palabras[34] 1993 Antonio Giménez-Rico Drama-romance España
Sálvate si puedes[35] 1994 Joaquín Trincado Comedia España
Todo es mentira[36] 1994 Álvaro Fernández Armero Comedia-romance España
Así en el cielo como en la tierra[37] 1995 José Luis Cuerda Comedia España
Cuernos de mujer[38] 1995 Enrique Urbizu Comedia España
La revancha[39] 1995 Luis Ávalos Acción-drama
La leyenda de Balthasar el castrado[40] 1996 Juan Miñón Drama histórico España/Francia/Portugal
Gregorio Walerstein: el Zar[18] 2009 Carlos Vasallo Documental
Una casa en las afueras[41] 1995 Pedro Costa Drama-thriller España

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Carlos Vasallo, nuevo presidente de America CV Network". Lavozdegalicia.es. Consultado o 03-08-2017. 
  2. "Carlos Vasallo Tomé-México y EEUU". Ourensemigrante.es. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2017. Consultado o 03-08-2017. 
  3. "Carlos Vasallo. Con cuatro canales y 4.000 películas mexicanas, compite en EU con Univisión, Azteca América y Telemundo". Revistapantalla.com. Consultado o 03-08-2017. 
  4. 4,0 4,1 "Manaos". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  5. 5,0 5,1 "Jugando con la muerte". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  6. "La conquista de la tierra perdida". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  7. 7,0 7,1 "Goma-2". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  8. 8,0 8,1 "Escuadrón". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  9. "Los guardamarinas". Imdm.com. Consultado o 03-08-2017. 
  10. "Aquí mando yo". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  11. "Juicio de faldas". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  12. "El diablo cojuelo". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  13. "Tirarse al monte". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  14. "Tirarse al monte". FilmAffininty. Consultado o 03-08-2017. 
  15. "La cera virgen". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  16. "Minutos despues". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  17. 17,0 17,1 "El día del compadre". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  18. 18,0 18,1 "Gregorio Walerstein: El zar". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  19. "Oro rojo". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  20. "El día de los asesinos". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017. 
  21. "Las mujeres de Jeremías". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017. 
  22. "Profesor eroticus". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  23. "Río abajo". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017. 
  24. "Corazón de cristal". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  25. "A puño limpio". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  26. "Un macho en la tortería". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  27. "Dos nacos en el planeta de las mujeres". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017. 
  28. "Mujer de cabaret". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  29. "Aquí el que no corre, vuela". FilmAffinity,com. Consultado o 03-08-2017. 
  30. "Cómo ser infeliz y disfrutarlo". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  31. "Intruso". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  32. "Pelotazo nacional". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  33. "Tirano Banderas". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  34. "Tres palabras". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  35. "Sálvate si puedes". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  36. "Todo es mentira". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  37. "Así en el cielo como en la tierra". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  38. "Cuernos de mujer". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  39. "La revancha". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 
  40. "La leyenda de Balthasar el castrado". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017. 
  41. "Una casa en las afueras". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar