Cardanachama, Queiroás, Allariz

lugar da parroquia de Queiroás, no concello de Allariz

Cardanachama é un lugar da parroquia de Queiroás no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 26 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 15 eran homes e 11 mulleres.

Cardanachama
ParroquiaQueiroás
ConcelloAllariz
Coordenadas42°11′50″N 7°50′04″O / 42.197300080428, -7.834470297852Coordenadas: 42°11′50″N 7°50′04″O / 42.197300080428, -7.834470297852
Poboación25 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Lendas editar

Existía neste lugar unha muller chamada Dona Chama, quizais relacionada cos mouros, que tiña as pernas de cabra. Esta muller era de gran beleza e, por iso, cobizada por moitos homes. Ela nunca rexeitaba esta atracción e deitábase con eles pero, para manter o segredo, matábaos despois a todos, unha vez que descubrían o asunto das súas pernas.

Dunha volta chegou ata o castelo un cabaleiro pedindo coñecela. Como sempre, acaban na cama e alí o home descobre as pernas de cabra e supón que agora está en perigo. Por iso pórtase moi atentamente e non chega a consumar o coito, ata que Dona Chama, aburrida, cae durmida. Nese momento, o cabaleiro escapa empregando como salvoconduto o anel que lle roubara. Cando ela acorda, chama polos seus soldados e polo home que, escoitando as voces dela, di para si: "Chama, Chamorra [ou Dona Chamorra], pernas de cabra e cara de señora".

Dona Chama, abandonada e descuberta, suicídase botándose nun pozo que hai no castro de San Brais. Pero antes agochou o seu tesouro, que aínda hoxe ninguén foi quen de descubrir.

Vaqueiro engade outra versión portuguesa da mesma lenda [1]. Segundo esta versión, a muller namórase daquel cabaleiro e, cando descobre que fuxiu co seu anel, manda ós seus soldados na súa busca, coa excusa de recuperar o anel, cando en realidade é o home a quen desexa recuperar. Pero os soldados non atopan rastro del e a dona termina suicidándose cravándose un coitelo no peito e botándose despois ó pozo. Disque aínda hoxe se seguen escoitando de cando en vez lamentos femininos saír dese pozo [2].

Lugares e parroquias editar

Lugares de Queiroás editar

Lugares da parroquia de Queiroás no concello de Allariz (Ourense)

Cardanachama | Gundiás | Queiroás da Igrexa | Queiroás Grande | Queiroás Pequeno | Requeixo de Queiroás

Parroquias de Allariz editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz

Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán) | Torneiros (San Miguel)

Notas editar

  1. Mesmo di que no distrito de Braganza existe unha Torre de Dona Chama, no concello de Mirandela.
  2. Vítor Vaqueiro, px. 176.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011.