O canón Martvili ou Monumento natural canón Martvili (xeorxiano: მარტვილის კანიონი) tamén coñecido como Monumento natural canón Gachedili (xeorxiano: მარტვილის კანიონი) ou Monumento natural canón Abasha está situado a 45 km da cidade de Kutaisi, en Xeorxia, na rexión de Mingrelia-Alta Esvanetia. Este espazo natural abrangue unha lonxitude de 2.400 metros, lindeiro co concello homónimo de Martvili, a 5 km, e co de Gachedili a 2 km, do que recolle a súa denominación alternativa, e está declarado como zona especial de conservación.[1]

Modelo:Xeografía físicaCanón Martvili
Tipocanón Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaXeorxia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°27′24″N 42°22′33″L / 42.45672, 42.37572

O canón naceu da erosión do tramo fluvial do río Abasha (Abashi) e os afluentes Rachkh, Kharchuleti e Tobi, creando o canón e un pequeno sistema de covas. O paraxe ten un aproveitamento turístico cun Centro de Visitantes na aldea anexa de Gran Inchkhuri, rutas de sendeirismo e paseos en chalana nas augas de cores azul e verde moi claras. As paredes do canón chegan a acadar os 40 metros. Na gorxa de entrada do canón a auga flúe lenta, a humidade é moi alta e as rochas presentan altos niveis de musgo, a parte navegábel para os visitantes interrúmpese na metade do canón, onde nace unha fervenza de 12 metros.

Historia

editar

O canón foi empregado como lugar de baño por nobres e duques de Mingrelia como a familia Dadiani. Nas súas proximidades pódense atopar restos ben conservados dun característico muíño mingreliá de dous pisos que estivo en funcionamento nos séculos XVIII e XIX e restos dun pequeno encoro adicado a acuicultura continental, tradicional na cociña mingreliá. O sendeiro Dadiani que sube desde a parte inferior do canón ten 30 chanzos feitos de grandes cadrados de pedra calcaria. Segundo a lenda, por esta escaleira camiñaron os propios Xurxo o Atonita, o hegúmeno do Monte Athos, e David IV de Xeorxia.

As variacións de temperatura no canón foron rexistradas entre as baixas de media de 2.8 graos Celsius (xaneiro) até os 23.5 graos de media no verán (agosto). Temperaturas mornas próximas aos devanditos rangos de verán son habituais en maio, xuño, setembro e outubro. [2]

Fauna e fauna extinta

editar

• Restos ben conservados de distintos tipos de invertebrados (nautílidos, braquiópodos e ourizo de mar) foron atopados en escavacións nas paredes do canón e no leito do río.

• Fósiles de réptiles mesozoicos (probabelmente dinosauros) foron atopados en fragmentos soterrados en surxencias no leito do río.

•Inclusións de varios tamaños foron atopados nas paredes do canón. Moitos en formas de osos fosilizados. Unha das inclusións recuperadas foi identificada como parte do pescozo dun mosasauro.

• A tese, aínda en estudo, que pode explicar a aparación de restos de grandes réptiles e paxaros extintos é que o canón mostre a intersección de dúas eras, Mesozoico e Paleoxeno.

• Na parte baixa do río Abashi é común ver ras de lago, sapos verdes (Bufotes viridis) a araña araneomorfa wasaka, primeira vez descrita por C. H. Hadad en 2013[3], a serpe cabeza de cobre (Agkistrodon contortrix), a cobra Natrix, ou Muraño patibranco e entre os paxaros a Parkesia , o Falcón , a Aguia peixeira e morcegos.

[4]

• A flora local arrodeando as pedras calcarias componse de : abeleiras do Levante (Corylus colurna) a espermatófita en perigo de extinción Buxus colchica e o Teixo negro.

Galería de imaxes

editar