Muraño patibranco

O muraño patibranco (Neomys fodiens), é o maior dos sorícidos que habitan en Galicia. Ten un tamaño que chega ata os 100 mm de lonxitude, cunha cola que pode chegar ata 3/4 do seu corpo. A súa pelaxe e escura e curta, a miúdo con mechóns brancos, posúe nas súas pernas e cola, pelos ríxidos que lle axudan a manter o equilibrio na auga. A súa pelaxe mantén burbullas de aire que contribúen a que este flote.

Muraño patibranco
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Xénero: Neomys
Especie: N. fodiens
Nome binomial
Neomys fodiens
(Pennant, 1771)
Distribución Neomys fodiens
Distribución Neomys fodiens

Distribución Neomys fodiens

O muraño ten saliva velenosa, o que fai del un dos poucos mamíferos velenosos aínda que non é quen de furar a pel de grandes mamíferos. É moi territorial, vive unha vida solitaria. Distribúese ao longo de Eurasia, dende Irlanda ata Corea do Norte.

(Vexa o mapa de distribución en Galicia baixo o modelo)

Notas editar

  1. Insectivore Specialist Group (1996). Neomys fodiens. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 5 May 2006.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar