Campo Municipal de Fútbol Daniel Mallo

campo de fútbol en Cambre

Coordenadas: 43°17′17″N 8°20′36″O / 43.287944444444, -8.3432222222222

O Campo Municipal de Fútbol Daniel Mallo, anteriormente coñecido como Campo das Agras, é unha instalación destinada á práctica do fútbol situado en Cambre, o Concello de Cambre é o seu propietario e nel xogan os seus partidos como local o Sporting Cambre e o Towers Football. Leva este nome en homenaxe ao futbolista local Daniel Mallo.

Campo Municipal de Fútbol Daniel Mallo
Datos
LocalizaciónRúa Samosteiro s/n, 15660 Cambre, Galicia
Construción
Inauguración1994
Custo600.000 € (reforma de 2010)
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións105 x 65
Capacidade500
PropietarioConcello de Cambre
LocalíaSporting Cambre

Datos técnicos editar

O seu terreo de xogo é de céspede artificial cunhas medidas de 105 x 65 metros[1] e conta cunha bancada cuberta con capacidade para máis de 500 persoas[2]. Dita bancada posúe no seu andar inferior: vestíbulo, control de acceso, aseos e vestiarios adaptados para persoas con mobilidade reducida, vestiarios dos xogadores, vestiarios para árbitros, almacén, sala de máquinas, sala de reunións, enfermaría e lavandería. No andar superior (571,50 metros cadrados): bancadas, ambigú, aseos públicos e 3 salas.

Historia editar

Inaugurouse en 1994 como Campo das Agras, de herba natural, e viña a substituír o vello Campo da Castellana, asentado nuns terreos en alugueiro. En 2004 a súa titularidade foi transferida ao Concello de Cambre e o terreo de xogo substituído por céspede artificial.[3]

En 2008, a Deputación Provincial da Coruña acordou financiar con 228.000 euros a construción de bancadas e vestiarios, tal e como se contemplaba no convenio de colaboración subscrito polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Cambre, Antonio Varela Saavedra. Nese acordo de cooperación subscrito na sede da institución provincial facíase constar a achega 228.000 euros por parte do ente provincial, que financiaba o 45 por cento do custo total do proxecto, que ascendía a 507.345 euros, e o resto sería asumido polo Concello[4].

O proxecto contemplaba a execución dun predio, de dúas plantas, que albergaría as bancadas cubertas e os vestiarios, e construiríase encol dunhas instalacións antigas que debían ser derrubadas. Dito proxecto foi licitado polo Concello de Cambre. Este campo de fútbol xa fora construído pola Deputación da Coruña cun investimento de preto de 650.000 euros. Ademais da reforma do terreo con céspede sintético, o proxecto supuxo tamén o peche perimetral do recinto, e a instalación de puntos de luz[4].

A reinauguración tivo lugar en 2010 da man dos mesmos asinantes do acordo para a reconstrución das instalacións, ascendendo finalmente o custo da mesma a 600.000 euros[5]. Asemade, o recinto foi rebautizado como Campo Municipal de Fútbol Daniel Mallo.

Notas editar

  1. "II Campus de Fútbol de Cambre" (PDF). trescuatrotres.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-04-2016. Consultado o 08-04-2016. 
  2. Coruña, La Opinión de A. "Cambre construirá gradas en el campo de fútbol Dani Mallo - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-04-09. 
  3. "HISTORIA – Sporting Cambre". sportingcambre.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-02. 
  4. 4,0 4,1 "A Deputación da Coruña achega 228.000 euros para construír as bancadas e vestiarios do campo de fútbol Dani Mallo de Cambre". www.dicoruna.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2017. Consultado o 2016-04-08. 
  5. "El campo de fútbol Dani Mallo, de Cambre, dispone de nuevos graderíos y vestuarios, cuya inversión de 600.000 euros ha sido financiada por la Diputación y el Concello". www.dacoruna.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-08.