Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 1939

A segunda edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na localidade de Montreux (Suíza) entre os días 6 e 10 de abril de 1939. Nesta edición participaron un total de sete seleccións, todas elas do continente europeo, encadradas nun único grupo, decidíndose o título a xeito de liguiña. Ao final da liguiña, a selección de Inglaterra proclamouse campioa invicta, por diante dos combinados de Italia e Portugal, prata e bronce respectivamente. Nos 21 partidos do torneo anotáronse un total de 101 goles, cunha media de 4,8 goles por partido.

Torneo editar

No torneo participaron sete seleccións. Tódalas seleccións participantes eran europeas, polo que esta competición foi considerada tamén Campionato de Europa, ademais esta edición coincidiu coa XVII edición da Copa das Nacións de Montreux. O torneo disputouse no formato de liguiña de todos contra todos, saíndo campión o equipo que máis puntos sumara ao final dos seis partidos, sendo o sistema de puntuación de 2 puntos para o gañador, 1 punto para cada equipo no caso de empate, e ningún punto para o equipo perdedor.

Clasificación editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Inglaterra 12 6 6 0 0 22 5 +17
  Italia 8 6 4 0 2 27 10 +17
  Portugal 6 6 2 2 2 6 11 -5
  Bélxica 5 6 2 1 3 10 13 -3
  Francia 5 6 2 1 3 11 22 -11
  Alemaña 4 6 2 0 4 13 14 -1
  Suíza 2 6 0 2 4 12 26 -14

Resultados editar

Data Resultado
??.04.39   Alemaña 4-1   Suíza
??.04.39   Francia 5-4   Suíza
??.04.39   Bélxica 4-4   Suíza
??.04.39   Portugal 0-0   Suíza
??.04.39   Italia 8-1   Suíza
??.04.39   Inglaterra 5-2   Suíza
??.04.39   Francia 1-7   Alemaña
??.04.39   Bélxica 2-0   Alemaña
??.04.39   Portugal 2-1   Alemaña
??.04.39   Italia 6-1   Alemaña
??.04.39   Inglaterra 2-0   Alemaña
??.04.39   Bélxica 0-2   Francia
??.04.39   Portugal 1-1   Francia
??.04.39   Italia 6-1   Francia
??.04.39   Inglaterra 4-1   Francia
??.04.39   Portugal 2-1   Bélxica
??.04.39   Italia 1-2   Bélxica
??.04.39   Inglaterra 4-1   Bélxica
??.04.39   Italia 5-1   Portugal
??.04.39   Inglaterra 3-0   Portugal
??.04.39   Inglaterra 4-1   Italia

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Campionato do Mundo "A" 1936
Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns
1939
Sucesor:
Campionato do Mundo "A" 1947