A tempada 2020-2021 do Campionato Nacional é a edición número 63 da máxima competición de clubs do rugby en Portugal. O torneo comezou o 25 de setembro de 2020 e conta con 12 equipos participantes.
Na tempada 2019/2020 non foi posible rematar a competición de liga, de xeito que a FPR decidiu que o título de campión quedase vacante e que non houbesen ascensos nin descensos. Non obstante o Rugby Clube da Lousã anunciou que renunciaba á súa praza na máxima categoría, praza que a FPR lle ofreceu ó Clube de Rugby São Miguel, que aceptou.
Unha das decisións tomadas pola FPR trala súa reunión cos 12 clubs participantes na máxima categoría foi modificar a fase inicial do campionato agrupando ós equipos por rexións para evitar grandes desplazamentos e reducir o risco de contaminación vírica entre cidades. O novo formato adaptado á pandemia contou cunha primeira fase de seis xornadas na que os 12 equipos estaban distribuídos en catro grupos.
Grupo A
|
Belenenses
|
Cascais
|
Benfica
|
|
Grupo B
|
CDUL
|
Tecnico
|
Montemor
|
|
Grupo C
|
Direito
|
Agronomia
|
Sao Miguel
|
|
Grupo D
|
Académica
|
CDUP
|
CRAV
|
|
A primeira fase ou fase de apuramento comezou o 26 de setembro e rematou o 8 de novembro, constando de 4 xornadas e 24 encontros (6 por grupo).
- Grupo A
- Grupo C
|
- Grupo B
- Grupo D
Pos.
|
Equipo
|
Ptos
|
X
|
G
|
E
|
P
|
1º. |
CDUP
|
18 |
4 |
4 |
0 |
0
|
2º. |
Académica
|
11 |
4 |
2 |
0 |
2
|
3º. |
CRAV
|
0 |
4 |
0 |
0 |
4
|
|
- Play off
Tralo remate desta primeira fase os catro equipos que quedaron clasificados na segunda posición disputaron dous encontros eliminatorios para determinar os dous equipos que disputarían o título e os dous equipos que disputarían a permanencia:
- CDUL 36-18 Cascais
- Agronomia 33-17 Academica
A segunda fase ou fase final comezou o 6 de marzo e rematou o 16 de maio, constando de 10 xornadas e 60 encontros (30 por grupo).
- Grupo polo título
Pos.
|
Equipo
|
Ptos
|
X
|
G
|
E
|
P
|
1º. |
Direito
|
36 |
10 |
8 |
0 |
2
|
2º. |
Tecnico
|
34 |
10 |
8 |
0 |
2
|
3º. |
Belenenses
|
33 |
10 |
7 |
0 |
3
|
4º. |
CDUL
|
19 |
10 |
4 |
0 |
6
|
5º. |
Agronomia
|
19 |
10 |
3 |
0 |
7
|
6º. |
CDUP
|
1 |
10 |
0 |
0 |
10
|
- Grupo pola permanencia
Pos.
|
Equipo
|
Ptos
|
X
|
G
|
E
|
P
|
1º. |
Cascais
|
40 |
9 |
8 |
1 |
0
|
2º. |
Academica
|
36 |
10 |
8 |
1 |
1
|
3º. |
Benfica
|
24 |
10 |
5 |
0 |
5
|
4º. |
São Miguel
|
20 |
10 |
4 |
0 |
6
|
5º. |
Montemor
|
15 |
10 |
3 |
0 |
7
|
6º. |
CRAV
|
2 |
9 |
0 |
0 |
9
|
Nas semifinais enfrontáronse 1º vs 4º e 2º vs 3º en eliminatorias a partido único no campo do equipo mellor clasificado, e os gañadores disputaron a final nun campo neutral.
- Semifinais
-
- (1º) Direito 28-9 CDUL (4º)
- (2º) Técnico 13-9 Belenenses (3º)
- Final
(1º) Direito
|
11 - 15
|
Tecnico (2º)
|
29 de maio de 2021 – Estadio Nacional do Jamor, Oeiras
|
|
|
|
|
O Tecnico acadou o seu terceiro campionato de liga tralos acadados en 1981 e 1998.
O CR Arcos Valdevez perdeu a categoría como consecuencia do seu último posto na clasificación. A súa praza foi recollida polo CR Évora que gañou a final da segunda división por 19-15 fronte ó RC Santarém. Deste xeito, os dous equipos que disputaron a promoción foron o RC Montemor como penúltimo clasificado da máxima categoría e o RC Santarém como subcampión da segunda división. O encontro único foi disputado o 19 de xuño e o resultado foi:
- RC Montemor 23-20 RC Santarém