Calzada do Xigante

A Calzada do Xigante (en inglés Giant's Causeway) é a designación dada a un conxunto dunhas 40 000 columnas de basalto con forma de prismas, encaixadas coma se formasen unha enorme calzada de pedras xigantescas, formadas pola disxunción prismática dunha grande masa de lava basáltica resultante dunha erupción volcánica ocorrida hai preto de 60 millóns de anos.

Calzada do Xigante e a súa costa
Calzada do xigante en Irlanda
Calzada do xigante
Calzada do xigante
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIrlanda Irlanda
Reino Unido Reino Unido
Localización55°14′27″N 6°30′42″O / 55.24083, -6.51167
TipoCultural
CriteriosVII, VIII
Inscrición1986 (10th session)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador369

A formación atópase na costa da Irlanda do Norte, preto de tres quilómetros ao norte da vila de Bushmills, no condado de Antrim, Irlanda do Norte.

Foi declarada como Patrimonio da Humanidade pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en 1986 so o nome de "Calzada do Xigante e súa Costa"[1], e como Reserva Natural en 1987.

Importancia xeolóxica editar

A Calzada do Xigante e a Cova de Fingal forman parte da mesma erupción volcánica. Foron separados polos movementos da tectónica de placas cando rompeu o supercontinente Panxea.

Durante o período Paleóxeno, hai uns 50 a 60 millóns de anos,[2] Antrim estivo suxeita a unha intensa actividade volcánica. O basalto fundido e moi fluído intrusionou a través dos leitos calcáreos para formar unha grande meseta de lava. A medida que arrefriaba, produciuse a contracción. O tamaño das columnas está determinado principalmente pola velocidade á que arrefría a lava na erupción volcánica.[3] A extensa rede de fractura produciu as columnas que hoxe se ven. Os basaltos eran orixinalmente parte dunha gran meseta volcánica chamada Meseta de Thule que se formou durante o Paleóxeno. Pódense atopar partes desta meseta nas Illas Feroe, Islandia e Noruega, así como na Cova de Fingal.

A lenda irlandesa da súa creación editar

Conta a lenda que había dous xigantes, un de Irlanda e outro de Escocia, que se levaban moi mal e se tiraban pedras continuamente. De tanto tirar pedras, formouse un campo de pedras sobre o mar. O xigante escocés decidiu cruzar o camiño das pedras e derrotar ao seu rival. A muller do xigante irlandés viu como chegaba o xigante escocés, polo que decidiu vestir ao seu marido de bebé. Cando chegou o escocés e viu que o bebé era tan grande, pensou que o seu pai sería tres veces máis grande, polo que fuxiu, pisando moi forte as pedras, para que se afundisen no mar e que o outro xigante puidese non chegar a Escocia.[4]

Outra lenda di que o buque Girona da Armada Española confundiu as columnas con castelos aos que disparou. Unha treboada fixo naufragar o barco e dos cerca de seiscentos tripulantes só sobreviviron nove. A tradición oral refería un sitio como fosa común, sen marcas, dos falecidos, que en 2015 arqueólogos irlandeses puideron corroborar como lugar do soterramento.[5]

Na cultura popular editar

A Calzada do Xigante aparece en moitos filmes, coma The BFG de Steven Spielberg, baseado no conto de Roal Dahl [6], ou The Cremaster Cycle de Matthew Barney, videoclips coma o Easter de Marillion, portadas de discos coma no Houses of the Holy de Led Zeppelin ou Bye Bye Badman de The Stone Roses, pinturas, cancións, videoxogos etc.[7]

Notas editar

  1. Centre, UNESCO World Heritage. "Giant's Causeway and Causeway Coast". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2022-03-06. 
  2. "Giant's Causeway and Causeway Coast". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2009-06-21. 
  3. "Universidade de Toronto (25 de decembro de 2008). Misterio das formacións de columnas hexagonales". 
  4. "Giants Causeway Legend: A Tale Ye'll Love (2021 Update)" (en inglés). 2021-08-20GMT+000013:19:30+00:00. Consultado o 2022-03-06. 
  5. "La fosa común de St.Cuthbert's". ArmadaInvencible.org (en castelán). 2019-01-07. Consultado o 2022-03-06. 
  6. "BFG heroine Sophie set for Giant's Causeway!". National Trust (en inglés). Consultado o 2022-03-06. 
  7. "La calzada de los gigantes, un lugar que solo la leyenda puede llegar a explicar". gara.naiz.eus (en castelán). Consultado o 2022-03-06. 

Véxase tamén editar