Caleta de Sebo

Caleta de Sebo.

Caleta de Sebo (tamén chamada Caleta del Sebo) é unha localidade dentro do municipio de Teguise, situada na parte suroriental da illa de La Graciosa (da que é capital), na provincia das Palmas, no suroeste de España. A 1,2 quilómetros da illa de Lanzarote, Caleta de Sebo é o principal núcleo poboacional de La Graciosa, a maior das illas menores do Arquipélago Canario. Contaba con 657 habitantes no ano 2010.

As súas principais actividades económicas son a pesca e o turismo. Posúe un porto que comunica La Graciosa coa localidade lanzaroteña de Órzola. En arquitectura destaca a igrexa parroquial da localidade, a Igrexa da nosa Señora do Carme tamén chamada Virxe do Mar, patroa da illa de La Graciosa.

DemografíaEditar

Variación demográfica[1] de Caleta de Sebo
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
626 615 624 617 628 635 656 638 646 642 657 653

NotasEditar

  1. "Instituto Nacional de Estadística". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2011. 

Véxase taménEditar