Pedro Barba
Pedro Barba (tamén chamada Casas de Pedro Barba) é unha localidade situada na parte oriental da illa canaria de La Graciosa, que pertence administrativamente ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, España. Trátase do núcleo de poboación máis setentrional de todas as Canarias, e o máis próximo á Península Ibérica, da que dista 1.034 km en liña recta ata o cabo de Trafalgar.
Historia
editarFoi o primeiro asentamento da illa, xurdindo en 1880 á calor dunha fábrica de salgadura de peixe.[1]
Demografía
editarSegundo o Instituto Nacional de Estadística de España, no ano 2019 este núcleo contaba con 3 habitantes censados.
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
0 | 0 | 2 | 4 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 3 | 2 | 2 | 3 | 3 | 3 |
Comunicacións
editarEstá comunicada por unha estrada sen asfaltar co porto da outra localidade habitada da illa, Caleta de Sebo, enlace marítimo coa veciña illa de Lanzarote. A súa praia é duns 110 metros, e ten zona de fondeo.