Caldas de Reis (Santa María), Caldas de Reis
parroquia civil do concello de Caldas de Reis
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa María e Caldas de Reis.
Santa María de Caldas de Reis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 436 habitantes (231 mulleres e 205 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 465 habitantes.
Santa María de Caldas de Reis | |
---|---|
Agnus Dei, no tímpano da igrexa de Santa María | |
Concello | Caldas de Reis[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°35′34″N 8°37′55″O / 42.59280841, -8.63192121 |
Poboación | 436 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Baldaquino de Colón
editar- Artigo principal: Baldaquino de Santa María de Caldas de Reis.
Acaroados na parede no interior da igrexa de Santa María hai dous paneis dun baldaquino que se supón constitúe a primeira representación gráfica do descubrimento de América, segundo a hipótese de Filgueira Valverde, formado por dous paneis, un deles con dobre arco, que forman un conxunto de 4,46 m de longo por 50 cm de alto.
Galería de imaxes
editar-
Portada da igrexa de Santa María de Caldas de Reis.
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa María de Caldas de Reis
editarLugares da parroquia de Santa María de Caldas de Reis no concello de Caldas de Reis (Pontevedra) | |
---|---|
Os Barreiros | Os Castaños | A Curuxal | Eirín | O Pazo | Segade de Abaixo | O Somonte | Tivo |
Parroquias de Caldas de Reis
editarNotas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- FILGUEIRA VALVERDE, José e RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, José: Baldaquinos gallegos. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1987.