Bemil, Caldas de Reis
Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Ten tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.
Bemil | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Bemil. | |
Concello | Caldas de Reis[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′08″N 8°39′10″O / 42.61890962, -8.65289907Coordenadas: 42°37′08″N 8°39′10″O / 42.61890962, -8.65289907 |
Poboación | 800 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa de Santa María de Bemil foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.
Festas e romaríasEditar
Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de agosto. Outra festa moi populosa é a dedicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro) en Follente, que ten dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BemilEditar
Lugares da parroquia de Bemil no concello de Caldas de Reis (Pontevedra) | |
---|---|
A Canle | A Lavandeira | As Veigas de Almorzar | Follente | Outeiro | Paradela |
Parroquias de Caldas de ReisEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Portal do patrimonio cultural de BemilArquivado 15 de xullo de 2018 en Wayback Machine.