As Veigas de Almorzar, Bemil, Caldas de Reis

lugar da parroquia de Bemil, no concello de Caldas de Reis

As Veigas de Almorzar é un lugar da parroquia de Bemil, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE[1], en 2020 tiña 126 habitantes (66 homes e 60 mulleres), o que supón un aumento respecto ao ano 1999, cando contaba con 108 habitantes (52 homes e 56 mulleres).

Veigas de Almorzar

Vista parcial da zona non urbanizada das Veigas de Almorzar.
ParroquiaBemil
ConcelloCaldas de Reis
Coordenadas42°36′05″N 8°39′32″O / 42.601350024059, -8.6589056884868Coordenadas: 42°36′05″N 8°39′32″O / 42.601350024059, -8.6589056884868
Poboación126 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Localízase na marxe dereita do val do río Umia, no extremo sur da parroquia de Bemil. Trátase dunha entidade singular de poboación de recente creación, produto da urbanización incontrolada das últimas décadas arredor da N-640[2]. Forma unha conurbación co centro de Caldas de Reis.

Tal e como indica o topónimo, neste lugar existe unha ampla superficie cultivable e chá, que tradicionalmente se dividiu en pequenas parcelas alongadas, na súa maioría traballadas polas veciñas de Follente e Outeiro (Bemil). Na actualidade só permanecen en cultivo unhas poucas destas parcelas, manténdose unha dinámica de expansión dos predios urbanizados, o que ocasiona a perda de terras de gran potencial agrícola.

A súa doada comunicación cos principais núcleos urbanos e de servizos favoreceu a expansión de vivendas unifamiliares e de naves industriais, malia ser esta unha zona de alto risco de inundación.

Notas editar

  1. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2021. Consultado o 2021-05-04. 
  2. O patrimonio inmaterial de Bemil. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bemil. 2018. ISBN 978-84-948717-5-7. 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Bemil editar

Lugares da parroquia de Bemil no concello de Caldas de Reis (Pontevedra)

A Canle | Follente | A Lavandeira | Outeiro | Paradela | As Veigas de Almorzar

Parroquias de Caldas de Reis editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)