Baldaquino de Santa María de Caldas de Reis

Coordenadas: 42°36′00″N 08°38′35″O / 42.60000, -8.64306

Na parede interior da igrexa de Santa María de Caldas de Reis hai dous paneis dun baldaquino que se supón constitúe a primeira representación gráfica en Galicia do descubrimento de América, segundo a hipótese de Filgueira Valverde. Foi estudado e descrito en 1930 por López Ferreiro e está datado nos últimos anos do século XV.

Baldaquino da igrexa de Santa María de Caldas de Reis.
Caldas, Santa María 01-08.JPG

Está formado por dous paneis, un deles con dobre arco, que forman un conxunto de 4,46 m de longo por 50 cm de alto, e estivo situado no exterior ata que se trasladou ó interior da igrexa a mediados da década de 1980 [1].

IconografíaEditar

No panel máis longo represéntanse tres santos (San Francisco de Asís -franciscano-, San Domingos -dominico- e San Telmo) entre os arcos. Námbolos extremos do campo sobre os arcos figuran dúas carabelas con cunchas de vieira nas velas, que se supón poden representar as de Cristovo Colón. No espazo entre as carabelas hai o que semella unha serea e un peixe ou monstro mariño, un cabaleiro que parece ter na man un azor, varias rosetas e un escudo dos Ribadeneira. A imaxe da serea pode facer mención á liñaxe dos Mariños. Para Filgueira, estas familias ben puideron ser os que costearon o monumento.

No panel menor, sun só arco, hai representados dous anxos músicos nos extremos e motivos florais no campo.

HistoriaEditar

Parece ser que este baldaquino non tivo a misión de protexer o altar, como era habitual nestes elementos escultóricos relixiosos, senón que se trata dun semibaldaquino esquinado (o panel largo na fronte e o curto no lateral) para amparar un sepulcro. Segundo Hipólito de Sá, en 1667 acollía os restos dos descendentes de Jorge Varela e Inés Mariño, fundadores da Capela de San Xurxo. Engade que en 1670 se ordenou "retirar los doseletes de piedra que cubrían las capillas de San Ildefonso y San Jorge", e que os da primeira son os linteis do baldaquino existente na capela de San Roque, tamén en Caldas de Reis [2].

NotasEditar

  1. Filgueira Valverde escribiu en 1987: "Estuvieron colocados hasta hace tres años en el atrio de la iglesia románica de Santa María; hoy, en el interior, de donde proceden".
  2. Neste consta unha inscrición que recolle o autor e a data: "Joan Rico me lavrou. Foi esta capela feita. Era de MILL CCCCIXXXII/AN(N)OS".

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • FILGUEIRA VALVERDE, José e RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, José: Baldaquinos gallegos. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1987.

Ligazóns externasEditar