Calcifediol

composto químico
(Redirección desde «Calcidiol»)

O calcifediol, tamén chamado calcidiol, 25-hidroxicolecalciferol ou 25-hidroxivitamina D (abreviada como 25(OH)D),[1] é unha prehormona que se produce no fígado por hidroxilación da vitamina D3 (colecalciferol) polo enzima colecalciferol 25-hidroxilase. En medicina, mídese o nivel deste metabolito para determinar o status de vitamina D dun paciente.[2][3] Cun consumo medio típico de vitamina D3, a súa conversión completa a calcifediol tarda aproximadamente 7 días.[4]

Calcifediol
Fórmula esquelética do calcifediol
Modelo de bólas e paus da molécula de calcifediol
Identificadores
Ligando IUPHAR 6921
Propiedades
Fórmula molecular C27H44O2
Masa molecular 400,4 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O calcifediol é transformado despois nos riles polo enzima 25(OH)D-1α-hidroxilase en calcitriol (1,25-(OH)2D3), unha hormona secosteroide que é a forma activa da vitamina D. Pode tamén converterse en 24-hidroxicalcidiol nos riles por medio dunha 24-hidroxilación.[5][6]

Análises de sangue

editar

En medicina, unha análise de sangue para medir os niveis de 25-hidroxivitamina D (calcifediol) serve para determinar canta vitamina D hai no corpo.[7] A concentración sanguínea de calcifediol considérase o mellor indicador do status de vitamina D dun paciente.[2]

Esta análise pode utilizarse para diagnosticar a dificiencia de vitamina D e é indicado en pacientes con alto risco de deficiencia de vitamina D e para ter datos sobre cando empezar con terapias agresivas.[8] Os pacientes con osteoporose, enfermidade renal crónica, mala absorción, obesidade e algunhas infeccións poden estar en alto risco e neles é indicado facer a análise.[8] Aínda que a deficiencia de vitamina D é común nalgunhas poboacións incluíndo os que viven en latitudes máis altas ou con limitada exposición ao sol, o test do 25(OH)D non está indicado para todas as poboacións.[8] Os médicos poden aconsellar aos pacientes con risco baixo tomar vitamina D sen receita en lugar de facer unha análise.[8]

É a medida máis sensible,[9] aínda que os expertos pediron que se mellore a estandarización e a reproducibilidade entre os diferentes laboratorios.[2] Segundo MedlinePlus, o valor normal de calcifediol é de 30.0 a 74,0 ng/mL.[7] Os valores normais varían amplamente segundo varios factores, como a idade e situación xeográfica. Suxeriuse un valor amplo de referencia de 20–150 nmol/L (8-60 ng/mL),[10] mentres que outros estudos definen niveis por debaixo de 80 nmol/L (32 ng/mL) como indicativos de deficiencia de vitamina D.[11]

Nalgúns países, como EUA, os laboratorios adoitan medir os niveis de 25(OH)D en ng/mL, e noutros países en nmol/L. Abonda con multiplicar os ng/mL por 2,5 para convertelos en nmol/L.

Importancia clínica

editar

O aumento dos niveis de calcifediol está asociado cun incremento da absorción fraccional do calcio no intestino ata niveis de 80 nmol/L (32 ng/mL).[2] A excreción urinaria de calcio equilibra a absorción de calcio intestinal e non se incrementa cos niveis de calcifediol ata ~400 nmol/L (160 ng/mL).[12]

Un estudo feito por Cedric F. Garland e Frank C. Garland na Universidade de California, San Diego analizou o sangue de 25 000 voluntarios e atopou que os que tiñan os niveis máis altos de calcifediol tiñan un risco de padecer cancro de colon que era só de 1/5 da taxa normal.[13] Porén, os controis aleatorios non conseguiron encontrar unha correlación significativa entre as doses baixas (400iu/día) de suplementación de vitamina D e o risco de ter cancro de colon.[14]

Un estudo de poboación feito en Copenhague, Dinamarca, atopou unha correlación entre tanto os niveis séricos baixos coma os altos e un incremento da mortalidade, mentres que un nivel de 50–60 nmol/L estaba asociado coa menor taxa de mortalidade. O estudo non demostrou causación.[15][16]

Historia

editar

Grazas aos traballos realizados no laboratorio de Hector DeLuca en 1968 identificouse o 25(OH)D e demostrouse que o fígado interviña na súa formación.[17] O enzima responsable disto, a colecalciferol 25-hidroxilase, foi illado por Michael F. Holick en 1972.[18]

  1. "Nomenclature of Vitamin D. Recommendations 1981. IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN) Arquivado 23 de agosto de 2017 en Wayback Machine." reproduced at the Queen Mary, University of London website. Retrieved 21 March 2010.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Heaney, Robert P (Dec 2004). "Functional indices of vitamin D status and ramifications of vitamin D deficiency". American Journal of Clinical Nutrition 80 (6): 1706S–9S. PMID 15585791. doi:10.1093/ajcn/80.6.1706S. 
  3. Theodoratou, E; Tzoulaki, I; Zgaga, L; Ioannidis, JP (1 April 2014). "Vitamin D and multiple health outcomes: umbrella review of systematic reviews and meta-analyses of observational studies and randomised trials.". BMJ (Clinical Research Ed.) 348: g2035. PMC 3972415. PMID 24690624. doi:10.1136/bmj.g2035. 
  4. Heaney, RP; Armas, LA; Shary, JR; Bell, NH; Binkley, N; Hollis, BW (June 2008). "25-Hydroxylation of vitamin D3: relation to circulating vitamin D3 under various input conditions.". The American Journal of Clinical Nutrition 87 (6): 1738–42. PMID 18541563. doi:10.1093/ajcn/87.6.1738. 
  5. Bender, David A. ; Mayes, Peter A (2006). "Micronutrients: Vitamins & Minerals". En Victor W. Rodwell; Murray, Robert F.; Harper, Harold W.; Granner, Darryl K.; Mayes, Peter A. Harper's Illustrated Biochemistry. New York: Lange/McGraw-Hill. pp. 492–3. ISBN 978-0-07-146197-9.  Consultado o 10 de decembro de 2008.
  6. Institute of Medicine (1997). "Vitamin D". Dietary Reference Intakes for Calcium, Phosphorus, Magnesium, Vitamin D, and Fluoride. Washington, D.C: National Academy Press. p. 254. ISBN 978-0-309-06403-3. PMID 23115811. doi:10.17226/5776. 
  7. 7,0 7,1 "25-hydroxy vitamin D test: Medline Plus". Retrieved 21 March 2010.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 American Society for Clinical Pathology. "Five Things Physicians and Patients Should Question". Choosing Wisely: an initiative of the ABIM Foundation (American Society for Clinical Pathology). Consultado o August 1, 2013. , que cita:
      • Sattar, N.; Welsh, P.; Panarelli, M.; Forouhi, N. G. (2012). "Increasing requests for vitamin D measurement: Costly, confusing, and without credibility". The Lancet 379 (9811): 95–96. PMID 22243814. doi:10.1016/S0140-6736(11)61816-3. 
      • Bilinski, K. L.; Boyages, S. C. (2012). "The rising cost of vitamin D testing in Australia: Time to establish guidelines for testing". The Medical Journal of Australia 197 (2): 90. PMID 22794049. doi:10.5694/mja12.10561. 
      • Lu, Chuanyi M. (May 2012). "Pathology consultation on vitamin D testing: Clinical indications for 25(OH) vitamin D measurement [Letter to the editor]". American Journal of Clinical Pathology (American Society for Clinical Pathology) (137): 831–832. , o cal cita
        • Arya, S. C.; Agarwal, N. (2012). "Pathology Consultation on Vitamin D Testing: Clinical Indications for 25(OH) Vitamin D Measurement". American Journal of Clinical Pathology 137 (5): 832. PMID 22523224. doi:10.1309/AJCP2GP0GHKQRCOE. 
      • Holick, M. F.; Binkley, N. C.; Bischoff-Ferrari, H. A.; Gordon, C. M.; Hanley, D. A.; Heaney, R. P.; Murad, M. H.; Weaver, C. M. (2011). "Evaluation, Treatment, and Prevention of Vitamin D Deficiency: An Endocrine Society Clinical Practice Guideline". Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism 96 (7): 1911–1930. PMID 21646368. doi:10.1210/jc.2011-0385. 
  9. Institute of Medicine (1997), p. 259
  10. Bender, David A. (2003). "Vitamin D". Nutritional biochemistry of the vitamins. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-80388-5.  Consultado o 10 de decembro de 2008.
  11. Hollis BW (February 2005). "Circulating 25-hydroxyvitamin D levels indicative of vitamin D sufficiency: implications for establishing a new effective dietary intake recommendation for vitamin D". J Nutr 135 (2): 317–22. PMID 15671234. doi:10.1093/jn/135.2.317. 
  12. Kimball; et al. (2004). "Safety of vitamin D3 in adults with multiple sclerosis". J Clin Endocrinol Metab 86 (3): 645–51. PMID 17823429. doi:10.1093/ajcn/86.3.645. 
  13. Maugh II, Thomas H. "Frank C. Garland dies at 60; epidemiologist helped show importance of vitamin D: Garland and his brother Cedric were the first to demonstrate that vitamin D deficiencies play a role in cancer and other diseases.", Los Angeles Times, August 31, 2010. Accessed September 4, 2010.
  14. Wactawski-Wende, J; Kotchen, JM, Women's Health Initiative Investigators (Mar 9, 2006). "Calcium plus vitamin D supplementation and the risk of colorectal cancer.". N Engl J Med 354 (7): 684–96. PMID 16481636. doi:10.1056/NEJMoa055222. 
  15. "Too much vitamin D can be as unhealthy as too little" (Nota de prensa). University of Copenhagen. May 29, 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 2015-05-27. 
  16. Durup, D.; Jørgensen, H. L.; Christensen, J.; Schwarz, P.; Heegaard, A. M.; Lind, B. (May 9, 2012). "A Reverse J-Shaped Association of All-Cause Mortality with Serum 25-Hydroxyvitamin D in General Practice: The CopD Study". The Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism (Endocrine Society) 97 (8): 2644–2652. PMID 22573406. doi:10.1210/jc.2012-1176. 
  17. Ponchon, G; Kennan, AL; DeLuca, HF (November 1969). ""Activation" of vitamin D by the liver.". The Journal of Clinical Investigation 48 (11): 2032–7. PMC 297455. PMID 4310770. doi:10.1172/JCI106168. 
  18. Holick, MF; Deluca, HF; Avioli, LV (1972). "Isolation and identification of 25-hydroxycholecalciferol from human plasma". Archives of Internal Medicine 129 (1): 56–61. PMID 4332591. doi:10.1001/archinte.1972.00320010060005.