Cabalos e lobos
Cabalos e lobos é a primeira novela de Fran P. Lorenzo, publicada en abril de 2015 por Edicións Xerais de Galicia logo de gañar o Premio Blanco Amor de 2014.
Cabalos e lobos | |
---|---|
Unha imaxe do Edificio Albo ilustra a portada.[1] | |
Autor/a | Fran P. Lorenzo |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | abril de 2015 |
Formato | Rústica cosido a fío (tamén ePub) |
Páxinas | 192 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-836-6 |
Precedido por | — |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarNesta novela, ambientada en setembro de 1972[2], no que atinxe ao arquitectónico e urbanístico, son protagonistas edificios e rúas de Vigo: o edificio Albo (obra racionalista do arquitecto Francisco Castro Represas), a rúa Privada Moderna, no vello límite do concello de Vigo e o concello de Lavadores, o café Derby, a entrada de Príncipe, a rúa Colón, o Teatro Cine Fraga, a vella redacción do Faro de Vigo, a rúa Policarpo Sanz (Cable Inglés, Café Colón), a Casa Sanchón, a Porta do Sol, o Teatro García Barbón, o Teatro Rosalía de Castro, a rúa Marqués de Valladares, a Alameda da Praza de Compostela (Editorial Galaxia), As Avenidas, cabo do Bar Comercio, e o Navy Bar de Manuel Antonio.[3]
Un dos eixes de Cabalos e lobos é o amor, concretamente o amor homosexual,[4] e outro dos eixes é o estabelecemento da colonia alemá en Vigo.[5]
Notas
editar- ↑ Imaxe da portada
- ↑ "En Vigo conmemórase a Reconquista, pero non a folga de 1972, que foi un fito na cidade". Praza Pública. Consultado o 22/9/2017.
- ↑ "Paseos polo Vigo Literario. Outono de 2015". AELG. Consultado o 22/9/2017.
- ↑ "Fran P. Lorenzo: “As letras galegas sofren do virus do pudor”". BiosBardia. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2020. Consultado o 22/9/2017.
- ↑ "Cabalos e lobos - Fran P. Lorenzo". Fervenza de verbas. Consultado o 22/9/2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cultura de Galicia Secretaría Xeral de Cultura. Xunta.