Francisco Castro Represas

arquitecto español

Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Castro Represas
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1905 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata

Sitio webcastroyalonso.com Editar o valor en Wikidata
BUSC: castro-represas-francisco-1905-1997

Traxectoria

editar
 
Real Club Náutico de Vigo, 1944.

Licenciouse en Madrid en 1932. De volta en Vigo, asociouse con Pedro Alonso Pérez en 1940, con quen traballou ata 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.

Foi nomeado vigués distinguido en 1993.

 
Edificio Pernas (1941) dende a praza de América.

Son obras, entre outras, de Castro Represas:

  • O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón.
  • Os números 4 e 6 da praza de Compostela.
  • O Edificio Sanchón ou de Natalio Sanchón (1935) na rúa Policarpo Sanz.[1]
  • A fábrica de conservas de Ribas (1935-38) na r/ Beiramar esquina r/ Ánimas.[2]
  • O Edificio Cesáreo González (1938) na praza de Portugal.
  • O Edificio Jesús Crespo Filgueira (1938) na rúa Cuba esquina Urzáiz.[3]
  • O Edificio Curbera ou Edificio de José Curbera (1939), na rúa García Barbón.
  • O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón.
  • O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra.
  • O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.[4]
  • O Real Club Náutico de Vigo (1944-45).
  • O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).[5]
  • O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.[6]
  • O Colexio Maior Xelmírez (1961-62), en Santiago de Compostela.

Conta con obra conservada en Bouzas.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar