Folga xeral de 1972

conflito social en Vigo

A folga xeral de 1972 foi unha serie de protestas que tiveron lugar en Vigo. Está considerada un fito na historia galega.[1]

Desenvolvemento editar

Durante o franquismo 30 000 traballadores da comarca de Vigo mobilizáronse durante dúas semanas tras o despedimento de cinco traballadores da factoría Citroên. Inicialmente, houbo seis mil despedimentos que finalmente quedaron en catrocentos[2] e centos de persoas detidas e feridas.[1]

Valoración editar

A valoración que se fai dela é de exitosa malia os custos que tivo.[3] No documental Vigo 1972. O ano da memoria (Roi Cagiao, 2017[4]) os seus protagonistas consideran que foi un pulso importante ao franquismo, un preludio da transición política e que provocou unha mellora substancial de todos os convenios colectivos a continuación.

Na cultura xeral editar

Ambienta a novela Todo chega desde o mar de Santiago Ferragud.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.