CENPA

(Redirección desde «CENP-A»)
CENPA
Identificadores
Símbolo CENPA
Símbolos alt. CENP-A, CenH3, proteína do centrómero A
Entrez 1058
PDB [http://www.rcsb.org/pdb/explore/explore.do?pdbId=3AN2 PDB 3AN2, PDB 3NQJ, PDB 3NQU, PDB 3R45, PDB 3WTP, PDB 5CVD PDB 3AN2, PDB 3NQJ, PDB 3NQU, PDB 3R45, PDB 3WTP, PDB 5CVD]
RefSeq [http://genome.ucsc.edu/cgi-bin/hgTracks?Submit=Submit&position=NP_001035891.1

NP_001800.1&rn=1 NP_001035891.1 NP_001800.1]

UniProt P49450
Outros datos
Locus Cr. 2 :(26.76 – 26.8 Mb)

A proteína do centrómero A, abreviada como CENPA (tamén CENP-A), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CENPA do cromosoma 2.[1]

Función editar

Os centrómeros son os dominios cromosómicos que especifican o comportamento mitótico dos cromosomas. O xene CENPA codifica unha proteína centromérica que contén un dominio con pregamento de histona relacionada coa histona H3, que é necesaria para unirse ao centrómero. A CENPA proponse que é un compoñente dun nucleosoma modificado ou estrutura similar a un nucleosoma na cal substitúe unha ou dúas copias da histona H3 convencional no núcleo tetramérico (H3-H4)2 da partícula do nucleosoma. O empalme alternativo ten como resultado a formación de múltiples variantes de transcrición que codifican distintas isoformas.[1]

Nos eucariotas superiores o recrutamento de nucleosomas CENPA nos centrómeros existentes é un proceso epienético, independente da secuencia de ADN subxacente. En Schizosaccharomyces pombe, o recrutamento de novo de CENPA no centrómero crese que está controlado pola heterocromatina "centromérica" que rodea o centrómero, e polo mecanismo da interferencia de ARN (RNAi). Por este mecanismo fórmase ARN interferente pequeno; este forma complexos coa proteína Chp1, que despois se une á heterocromatina centromérica. Isto contribúe a recrutar outras proteínas, o que finalmente resulta nun complexo proteico que forma cohesina entre dúas cromátides irmás na cromatina centromérica. Pénsase que esta cohesina é esencial para substituír a H3 do centrómero por CENPA. A CENPA é un dos cambios epixenéticos que se cre distinguen o ADN centromérico doutros ADNs.[2] Unha vez que se engadiu CENPA, o centrómero faise autopropagante, e o mecanismo de RNAi/heterocromatina que o rodea xa non é necesario.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 EntrezGene 1058
  2. Chueh AC, Wong LH, Wong N, Choo KH (January 2005). "Variable and hierarchical size distribution of L1-retroelement-enriched CENP-A clusters within a functional human neocentromere". Hum. Mol. Genet. 14 (1): 85–93. PMID 15537667. doi:10.1093/hmg/ddi008. 
  3. Folco HD, Pidoux AL, Urano T, Allshire RC (January 2008). "Heterochromatin and RNAi are required to establish CENP-A chromatin at centromeres". Science 319 (5859): 94–7. PMC 2586718. PMID 18174443. doi:10.1126/science.1150944. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar