Karl Domanig

numismático e escritor tirolés
(Redirección desde «C. Domanig»)


Karl Anton Domanig[2] (coñecido como Karl Domanig, tamén escrito Carl Domanig), nado en Sterzing (de.) / Vipiteno (it.) o 3 de abril de 1851 e finado en Eppan / Appiano o 9 de decembro de 1913, foi un numismático e escritor italo-austríaco, coñecido como o poeta da patria tirolesa.[3]

Infotaula de personaKarl Domanig

Karl Domanig [1]
Biografía
Nacemento3 de abril de 1851
Sterzing Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1913 (62 anos)
Eppan / Appiano.
Condado do Tirol
Imperio Austrohúngaro.
Datos persoais
País de nacionalidadeAustríaca
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Educación Universidade de Innsbruck.
Universidade Gregoriana.
Actividade
Campo de traballoNumismática, museoloxía e literatura.
Ocupaciónescritor , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIrmgard Müller (1884).
FillosMarie Domanig, Erwin Domanig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixe e formación editar

Karl Domanig naceu o 3 de abril de 1851 na vila tirolesa de Sternzing, hoxe italiana e daquela pertencente ao Condado Principesco do Tirol, no Imperio Austríaco.[4] Proviña dunha familia tirolesa orixinaria de Carintia, e era fillo do patriota tirolés Anton Obrist e sobriño do poeta Hans Obrist.[5]

Domanig cursou a súa educación secundaria en Brixen e en Merano, e posteriormente fixo estudos superiores de Dereito, Lingua Alemá e Historia da Arte na Universidade de Innsbruck e na Universidade Gregoriana de Roma, ata o seu doutoramento en 1876.[2][4][5]

Logo de diversas viaxes por Europa para enriquecer os seus coñecementos artísticos, en 1881 estableceuse en Viena, onde se ocupou da educación dos fillos de diversos membros da familia imperial austríaca en materia de literatura e arte, ata 1901.[2][5]

En 1884 ingresou como conservador axudante da Colección Imperial de Moedas e Medallas. En 1887 foi ascendido a conservador titular e en 1900 foi nomeado como primeiro director da institución, reconvertida daquela en Gabinete Numismático de Viena, logo de separarse do Gabinete de Antigüidades e instalarse no edificio do Kunsthistorisches Museum.[2][4][5][6]

En paralelo á súa vida profesional, Karl Domanig foi un prolífico autor literario, tanto de poesía como de obra dramática e, en menor medida, de novela, e tamén publicou algún ensaio sobre temática literaria e humanística. Como autor teatral cómpre salientar a súa triloxía Der Tyroler Freiheitskampf ("A loita tirolesa pola liberdade"), publicada entre 1885 e 1897, unha exaltación patriótica e popular e católica do Tirol común a varios dos seus traballos, que tamén se aprecia na súa obra poética, onde destacan Der Abt von Fiecht ("O abade de Fiecht"), de 1887, e a épica Um Pulver und Blei ("Sobre a pólvora e o chumbo"), de 1909. A novela Die Fremden ("Os estraños") é un dos escasos exemplos neste xénero.[2][5]

Domanig formou parte da Comisión Central para o Descubrimento e a Conservación de Monumentos Artísticos e Históricos de Austria. Ademais, entre outras sociedades eruditas, foi membro da Sociedade Numismática Austríaca, da Sociedade Suíza de Numismática, da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e Sociedade de Autores Xermano-Austríaca.[5]

Vida persoal editar

Karl Domanig casou en Viena en 1884 con Irmgard Müller (1861-1925).[5] Unha das súas fillas, María Domanig, foi tamén escritora.[2]

Recoñecementos editar

 
Placa no edificio onde naceu Karl Domanig en Sterzing.

Entre as diversas honras recibidas por Karl Domanig en recoñecemento aos seus servizos cómpre salientar os seus nomeamentos como cabaleiro da Orde Imperial de Francisco Xosée como cidadán honorario da cidade de Sterzing (1911).[5]

Na súa memoria, a Sociedade Austríaca para a Promoción da Arte da Medalla e a Pequena Escultura emitiu en 1914 unha medalla conmemorativa co seu busto, deseñada por Richard Placht, coa lenda KEIN RUHM WÄHRT LÄNGER, ALS DER RUHM DER TREUE ("Ningunha fama dura máis cá da fidelidade").[7]

Pola súa banda, o concello de Sterzing colocou unha placa no edificio onde Domanig naceu, na que constan as datas do seu nacemento e da súa morte.[5]

Premios editar

  • (1907): Premio de poesía do Parlamento da Baixa Austria.[5]

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos e das obras de creación literaria publicados por Karl Domanig ao longo da súa carreira:[8][9][10]

Numismática editar

  • (1893). Die deutsche Privatmedaille der älteren Zeit. Braumüller, Viena.
  • (1895). Anton Scharff, k. und k. Kammer-Medailleur (1845-1895). Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena.
  • (1896). Porträtmedaillen des Erzhauses Österreich. Gilhofer und Ranschburg, Viena.
  • (1907). Die deutsche Medaille in kunst- und kulturhistorischer Hinsicht. Schroll, Viena.

Ficción e ensaio editar

  • (1873). Eine "katholische" Burschenschaft. Wagner, Innsbruck.
  • (1878-1880). Parzival-Studien (dous volumes). F. Schöningh, Paderborn.
  • (1885-1897). Der Tyroler Freiheitskampf; dramatische Trilogie mit einem Vor-und einem Nachspiele. J. Kösel, Kempten.
    • (1895). I. Braut des Vaterlandes. Eine Begebenheit aus dem Tyroler Freiheitskampfe.
    • (1885). II. Josef Straub, der Kronenwirth von Hall. Eine Episode aus dem Tyroler Freiheitskampfe.
    • (1897). III. Andreas Hofer, der Sandwirth. Eine Episode aus dem Tyroler Freiheitskampfe.
  • (1890). Der Gutsverkauf. Ein Schauspiel aus der Gegenwart in 5 Acten. Wagner, Innsbruck,
  • (1890). Der Abt von Fiecht. Eine poetische Erzählung. Wagners?chen Universitäts, Innsburuck.
  • (1890). Der Klosenaere Walthers von der Vogelweide. Schöningh, Paderborn.
  • (1893). Kleine Erzahlungen. Wagners?chen Universitäts, Innsburuck.
  • (1895). Speckbacher, der Mann von Rinn. Eine Episode aus dem Tyroler Freiheitskampfe. Schauspiel in fünf Acten. Wagners?chen Universitäts, Innsburuck.
  • (1898). Die Fremden. Ein Roman aus der Gegenwart. St. Josefbücherbruderschaft, Klagenfurt.
  • (1902). Der Idealist. Schauspiel in fünf Aufzügen. Allgemeine Verlags-Gesellschaft, Múnic.
  • (1907). Die liebe Not. Schauspiel in fünf Akten. J. Kösel, Kempten.
  • (1907). Wanderbuchlein. J. Kösel, Kempten.
  • (1908). Hausgärtlein. Ein Volksbuch. St. Josefbücherbruderschaft, Klagenfurt.
  • (1909). Um Pulver und Blei. Eine epische Dichtung. J. Kösel, Kempten.
  • (1911). Die Entste- hung von Wolframs Titurel. Buchdr, Viena.
  • (1911). Zum Frieden. Seinen lieben Tyroler Landsleuten. Friedenskomitee in Tyrol.
  • (1914). Gesammelte Werke. J. Kösel, Kempten.

Notas editar

  1. "Domanig, Karl". En The Catholic encyclopedia and its makers. The Encyclopedia Press, Nova York (1917). Páxina 45 (fotografía en láminas anteriores).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Ranegger, F. (1959).
  3. "Domanig, Karl". Austria-Forum.org
  4. 4,0 4,1 4,2 "Domanig Karl". En Österreichisches Biographisches Lexikon 1815–1950. Vol. 1. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena (1957). Páxina 193.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 "Domanig, Karl". En The Catholic encyclopedia and its makers. The Encyclopedia Press, Nova York (1917). Páxina 45.
  6. "The History of the Vienna Numismatic Collection". Kunsthistorisches Museum Wien.
  7. "Lot 2756". H.D. Rauch. Summer Auction 2012.
  8. "Domanig, Karl 1851-1913 Arquivado 22 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Domanig, Karl". Karlsruher Virtueller Katalog (KVK).
  10. "Domanig, Karl 1851-1913". WorldCat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar